16/11/08

Arte Visigoda: unha introdución



O pobo visigodo instálase sobre a Hispania Romana e sobre o reino Suevo tras unha longa peregrinatio (desde os países escandinavos). Reina na Península Ibérica durante VI ó VIII (chegada dos musulmáns). Manifestacións principalmente arquitéctónicas, ainda que tamén escultóricas e de ourivería.

ARQUITECTURA: Primeiro estilo hispánico e orixinal da arquitectura cristiá. É practicamente descoñecida a súa arquitectura urbana (Toletum, Mérida, Sevilla ou Córdoba) As construccións relixiosas, ubicadas no campo, adoitan ter planta cruciforme, con arcos de ferradura, de grandes perpiaños en seco, muros de perpiaños grosos e rectos predominando teitumes de madeira aínda que tamén usaron a bóveda, maioritariamente de canón, de perpiaño ou de ladrillo. Emprégase como unidade de medida un patrón de 80 centímetros de lonxitude.

O arco de ferradura, de orixe romana, sendo o preferido polos visigodos e deulle personalidade de seu á arquitectura musulmana hispánica.

En canto á organización interna dos templos pode indicarse que o cambio máis sobranceiro prodúcese pola introducción xeral dun cruceiro ou transepto que separa a zona das naves e a capela maior.

A prohibición de realizar pinturas nas igrexas españolas, promulgada a comenzos do IV, marcou o aspecto interior das igrexas visigodas xa que os seus muros poderían ser de pedra vista, fronte á tendencia xeralizada na maioría da arquitectura anterior e posterior que foi ou será con superficies policromadas.

Entre os principais edificios destacan san Xoán de Baños (Palencia), san Pedro de la Nave (Zamora), igrexa de Quintanilla de las Viñas (Burgos) e santa de Comba de Bande (Ourense)


Fotos da igrexa de Quintanilla das Viñas (Burgos) de INICIARTE

4 comentarios:

Sarinsky dijo...

Como echo de menos tus clases...eran lo mejor de ir al instituto!!
¿Porque no te vienes a Santiago a darme clases? jeje

P.D: ya no hace falta ni decir que es otro estupendo post!!

Besos

Antonio Martínez dijo...

Esté ben. Falarei con alguén de Santiago para...
Aquí me tes. Pechado. Corrixindo probas de historia. Que tal de notas na facultade?. Viches a notaza de Luís?

Luis dijo...

Por si no la vio aquí la teneis:

http://luisss.googlepages.com/Foto0401.jpg

Sí, le saqué una foto cuando me entregaron el examen jaja.

Sarinsky dijo...

Felicidades por esa notaza!! Aunque esto es solo el principio, seguramente vengan muchas más y mejores jeje (espero seguir tu ejemplo y sacar tan buenas notas)

Besos