24/10/08

Arquitectura romana (IX): O panteón (II)

Ademais do que podemos ler no post de onte, hai que lembrar que os casetóns da cúpula, que orixinariamente estiveron estucados e probablemente adornados con estrelas, van reducindo o seu tamaño ata o centro, acentuando o efecto de perspectiva.

No seu exterior, orixinariamente a bóveda estivo cuberta con tellas de bronce, que foron arrincadas no século VI. Tamén foi reaproveitado o bronce que recubría o interior polo papa Barberini Urbano VIII ("O que no fixeron os bárbaros o fixeron os Barberini" -dito popular romano-) para destinalo ao baldaquino que Bernini tiña o encargo de construírlle no cruceiro da basílica de san Pedro.

Unha das razóns polo que se pode destacar o Panteón é porque é o primeiro gran edificio no que aparece o concepto da arquitectura como a arte de crear espazos interiores (que lonxe está xa o Partenón…). É unha arquitectura para ser gozada no seu interior e non para ser contemplada desde o exterior, ao contrario que a arquitectura grega, xa que no Panteón, créase un espazo interior onde os romanos poden adorar aos seus deuses, illándose do universo exterior porque o cosmos está baixo a súa cúpula.

O seu interior, ao xuizo de varios autores, é unha permanente alusión á cosmoloxía romana, xa que, por exemplo, a cúpula está divida en cinco círculos de 28 casetóns, simbolizando os días dos mes lunar e tamén son cinco as esferas concéntricas do sistema planetario que coñecían os romanos, co Sol no centro. Os nichos estaban dedicados aos cinco planetas así como tamén ao Sol e á Lúa. A cúpula ten a forma da bóveda celeste, e atópase iluminada no centro polo Sol que ademais, pode significar Roma como centro universo arredor da cal xira todo o mundo por eles coñecido.

É unha obra que sintetiza perfectamente a harmonía e a intelixencia construtiva. Non é por iso de estrañar que o propio Miguel Anxo Buonarroti afirmara que esta obra ten “un deseño anxélico e non humano”.

Panteón
View SlideShare presentation or Upload your own.

3 comentarios:

Luis dijo...

¡El Panteón siempre ha sido de mis edificios favoritos!

Sarinsky dijo...

Es una preciosidad!! De lo mejor que nos dejaron los romanos.

Antonio Martínez dijo...

Pois non deixedes de ver os outros dous post sobre o Panteón. Hai algunha cousa caseira pero algunha moi, moi chula.