Carlos Quintáns (Muxía, 1962) é para min un dos arquitectos galegos de maior interese dos nacidos nos anos sesenta. Ten xa unha carreira profesional longa e recoñecida con varios premios. Ademais é profesor da Escola de Arquitectura da Coruña, responsable de varias publicación e autor doutras moitas.
Hai xa algún tempo pronunciou en Bos Aires unha conferencia na que explicaba parte da súa obra e que hoxe vos presento en varios vídeos. Son obras realizadas cando formaba estudo de arquitectura con Antonio Raya e Cristóbal Crespo.
Intervención na praia de Balarés.

Polideportivo en Guntín, Vivenda unifamilar en Sada.
Piscina en Arzúa, vivenda unifamiliar en Oleiros.
2 comentarios:
De certo que é un home moi interesante, tiven a oportunidade de irlle a algunha conferencia e de escoitalo de preto..eu diría que o que máis o define é a honestidade no seu traballo.
Está a punto de saír a Obradoiro, revista do Colexio de Arquitectos de Galicia, na que xunto con Carlos Pita ( outro arquitecto prometedor) están a facer unha moi boa lavor.
Sen dúbida, Quintáns, antes con Antonio e Cristóbal e agora en solitario, ten xa un currículum impresionante.
Publicar un comentario