Situada no centro da cidade, moi próxima á praia e ao Estadio de Riazor, atópase a Casa del Agua. Esta edificación, inaugurada en abril de 2007, ubícase sobre unha parcela de máis de 13.000 metros cadrados, sendo 48.000 os metros cadrados construídos. A obra contén unha piscina olímpica cuberta, outras piscinas menores, zonas de lecer, espazos para o ocio, salas de actividades deportivas, jacuzzi e diversos servizos de talasoterapia.
A obra, financiada por EMALCASA (Empresa Municipal de Aguas de La Coruña, S.A.), serviu para conmemorar os primeiros cen anos da empresa de augas da cidade.O estudo arquitectónico encargado do deseño do proxecto tivo que traballar pensando no desnivel da parcela, na necesidade de reducir o posible impacto na zona así como en integrar o conxunto no contorno. Ademais visitáronse outras edificacións que poderían servir como modelo ou referente, deste xeito viaxouse a Caldea (Andorra), a Marina d´Or (Castellón) e a varios estacións termais da Alemaña. O resultado foi un conxunto de edificios nos que están integradas as actividade de talasoterapia, as deportivas e as comerciais, ademais de contar con tres xardíns interiores.
Esta obra é do arquitecto Xosé Manuel Casabella, quen conta con numerosos e importantes premios, sendo os máis salientables os recibidos pola remodelación do Kiosko Alfonso da Coruña, pola Cafetería Copacabana da Coruña, pola remodelación do contorno das Burgas en Ourense e pola obra de Rehabilitación do edifico do Servizo do Alumnado da Zapateira na Coruña.
Bibliografía e fotos: Casa del Augua. A Coruña, Artes Gráficas Diumaró, 2007.

2 comentarios:
Menuda pasada!! Alli te olvidas del estrés y de lo que haga falta.
P.D: si no hubiera dado griego no sabría el significado de talasoterapia, para que luego digan que no sirve para nada jeje
Se te olvidó poner una cosa:
Es marido de Sunny.
Es algo fundamental que hay que remarcar en su biografía jaja.
Publicar un comentario