Tras o Impresionismo o proceso de achegamento do cadro á natureza implicou innovacións rachadoras de tabús. A arte pictórica deixará de ter coma fin sobranceiro a representación óptica de imaxes externas, volcando cara a si mesma o seu fin primordial, comezando unha involución para si mesma que constitúe a principal característica e condicionante da arte pictórica do século XX: “a arte ensimesmada”.
Non é de estrañar que os artistas iniciadores deste proceso, Cézanne, Van Gogh e Gauguin, comezaran a súa carreira dentro do Impresionismo xa que nel aprenderan o senso de liberdade e a supresión de convencionalismos anteriores. O que aprenderon do Impresionismo non o encamiñaron cara á representación exacta da realidade senón que a dirixiron, sendo esta a súa grande achega, cara á propia coherencia interna do cadro, cara á propia pintura.
Estes tres pintores postimpresionistas foron os primeiros que a partir de aí fixeron outra cousa, conscientes de que o cadro, antes que representar un anaco da natureza, tiña a súa propia realidade, a súa propia significación. Foron os primeiros en formularse que o cadro antes que un retrato era unha cousa en si mesma, por iso comezaron a valorar por si mesmo os elementos expresivos da pintura, valoralos polo seu propio valor e non como referencia a unha árbore, unha flor, unha cara, etc, a valoralos polo que de estéticos teñen de por si. E con tal coherencia comezaron este proceso que a partires deles a obra de arte vaise sentir cada vez máis no XX como un obxecto en si mesmo, coas súas propias leis, ata tal punto que se pode afirmar que se o XIX significara a autonomía do artista, o XX significou a autonomía da arte.
A partir dos postimpresionistas a arte se replanteará os seus propios medios expresivos xa que adquirirán o carácter de datos determinantes da obra artística., converténdose estes medios expresivos nos fins da obra de arte.

2 comentarios:
Muy bueno el Post, la verdad es que el vídeo es estupendo para ver las características de las pinceladas de cada uno. Seurat es impresionante!!
Fantástico de verdad!!
Que rápida eres. Case antes de poñer o post xa está o teu comentario...
Publicar un comentario