Filla do escritor español nacionalizado francés, Enmanuel Gonzales, a moza burguesa empezou os seus ensinos no estudo de Caharles Cahaplin en 1865 e mais tarde no taller de Edouard Manet para converterse en modelo e alumna. Nesa época o mestre tamén tiña por alumna a Berthe Morisot.
A influencia de Manet, do mesmo xeito que a de Pissarro e Monet, na súa pintura é moi significativa ata 1872, en que empeza un estilo máis persoal, especializandose en obras ao pastel e tonalidades claras.
En 1879 casou cun dos irmáns do gravador Henri Guerard, nacendo desta relación a súa filla Julie. Faleceu 5 días logo da morte de Manet, por mor dunha embolia motivada por un parto cando contaba con pouco máis de 34 anos.
Tedes máis información sobre esta pintora e sobre as súas obras en museos nesta ligazón.
Esta entrada vai dedicada a Loló, amiga entre as amigas.
4 comentarios:
Encántame o post, xa o sabes, pero a dedicatoria... que queres que che diga... Loló é só da family e dos AMIGOS de verdade.
Bicos!!!!
Parabéns FINALISTA!!!!
Xa cho dicía eu, este blogue dará moito que falar...
MOITA SORTE!!!!
Bicos.
Parabéns dende Arzúa, pola clasificación no II premio espiral!!!
Grazas O Segrel e Biblioarzúa. Sabedes que sodes un exemplo para Iniciarte.
Publicar un comentario