Situado no Paseo Marítimo da cidade de Sada, o edificio “A Terraza” é unha das obras máis sobranceiras do modernismo coruñés. Si, coruñés, porque orixinariamente este edificio estivo situado nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña, formando un conxunto arquitectónico espectacular co quiosco Alfonso e o Hotel Atlantic (nada que ver co actual Hotel Atlántico digno de ser eliminado fisicamente do solar que ocupa).
Deseñado en 1905, será ampliado, en 1912, nunha altura máis segundo o proxecto de Antonio López Hernández. Nove anos máis tarde, e con motivo da edificación do actual edificio da Terraza, esta construción de vidro e madeira foi trasladada a Sada.
De planta rectangular, ten baixo e un andar, feito cunha estrutura de madeira e cerchas de ferro no primeiro. Ábrese ao exterior grazas ao tratamento decorativo do vidro policromado, modulado polas formas ondulantes da madeira. Vidro e madeira foron características do modernismo arquitectónico coruñés. Mais tamén o tratamento do ferro forxado do peche perimetral foi outro dos elementos salientables deste movemento arquitectónico caracterizado polo afán decorativista. Para evitar o predominio absoluto das liñas horizontais, intercálanse catro módulos verticais e dous elementos máis fortes nas esquiñas, a modo de pequenos torreóns nas fachadas.
Desde 1975 está declarado Monumento Histórico Artístico
Na actualidade é un local dedicado á restauración, cun especial gusto pola música de jazz e unhas espectaculares vistas sobre a ría.
Pregunta para internautas aburrid@s: desde cando e por que razón a pequena vila de Sada ten o título de cidade?

Entrada dedicada a Antonio Alonso, mestre de bloguers, e webmáster de A Nosa Biblioteca.
2 comentarios:
Nada que perdoar...
A ninguén mellor que ao mestre de mestres blogueiros para dedicarlle este post, sobre todo hoxe día de gran CELEBRACIÓN.
Fantásticas fotos!!
Bicos dende mi Coviñas.
Non sei se o post está á "altura" do mestre blogueiro, pero é de ben nacidos ser agradecidos.
Sabemos o que somos e grazas a quen o somos, ou non?
Grazas, Antonio
Publicar un comentario