13/3/08

El Greco: a pintura manierista en España



Doménikos Teotokópoulos (Creta 1541-Toledo 1614) foi un pintor manierista de gran erudición, moi afeccionado á literatura. Está considerado como o primeiro xenio da pintura española.

En 1566 trasladouse desde a súa Creta natal, a Venecia ata 1570. Recibiu gran influencia de Tiziano ( a cor) e Tintoretto (a composición, o uso de espazos amplos e gran profundidade). Traballa en Roma entre 1570 e 1576.

Chega a Toledo en 1577. Fai retratos (Cabaleiro coa man no peito, 1577-84) e outras obras por encargo.

Progresivamente irá alongando as súas figuras, extremando as deformacións e a independencia da cor nas súas obras.

Esquecido moito tempo, redescobrirase a súa figura a fins do século XIX polos impresionistas. Foi especialmente valorado polos expresionistas que o consideran un antecedente ideal. Ten a súa máxima apreciación na actualidade.




1 comentario:

Sarinsky dijo...

Al final te me adelantaste!! Bueno otra vez será...fastástico el post,la verdad es que el Greco es inconfundible.

P.D: estoy empezando a preocuparme por esto de los blogs...es como una obsesión..!!!!