17/1/22

A igrexa de Santa María de Mezonzo II (Vilasantar, A Coruña): interior



Practicamente libre de reformas e aditamentos tardíos, presenta a igrexa unha planta basilical de tres naves (a central máis ancha e alta) de tres tramos cada unha separadas entre si mediante arcos  formeiros dobrados e lixeiramente apuntados que descansan sobre piares  cruciformes.


Nave Central



Sen cruceiro polo medio, as tres naves desembocan directamente nunha cabeceira conformada por tres ábsidas semicirculares precedidos de tramos rectos e nos que chama a atención o feito de que se atopan a maior altura que o pavimento da nave, circunstancia que se explica pola irregularidade do solar sobre o que foi levantada a igrexa.


Absidiña lateral 

As tres ábsidas cobren mediante bóvedas de forno, mentres que os tramos rectos fan o propio a través de solucións de canón apuntado.


Cuberta de madeira na nave central

O corpo de naves, con todo, presenta unha cuberta de madeira a dúas augas apoiada sobre  arcos de faixa simples, aínda que na nave sur aprécianse restos dun primeiro ensaio ou tentativa de  abovedamentos  pétreos que nunca chegaron a culminarse.




Intento de abodedamento pétreo na nave sur

O arco de acceso á capela maior é apuntado, dobrado, de sección prismática e apóiase en columnas encastradas con capiteis coma os das naves. Ao final do tramo recto levántase un arco faixón semicircular a unha altura inferior, o que permite abrir un óculo enriba del.



Arcos apuntados e dobrados

Na coroa  a ábsida ábrense tres ventas baixo os arcos dobrados. Esta capela cóbrese con bóvedas de canón apuntado e coroa, sendo esta única nas laterais.



Ábsida central

Os arcos formeiros son apuntados, dobrados e de sección rectangular. A mesma directriz seguen os faixóns aínda que se trata de arcos simples. Os capiteis presentan follas estilizadas, que con frecuencia rematan en bólas. Ás veces, sen embargo, poden aparecer cabezas humanas elementais e entre-lazos sinxelos. Nun capitel, entre a capela maior e a sur vense feros leóns de fronte.






Capiteis

A remota orixe de Santa María de Mezonzo permitiu que antigos capiteis prerrománicos se re-utilizasen no edificio actual, por exemplo o que ser de pía de auga bendita.



Referencias bibliográficas:

José Manuel Tome en Arteguías.

Izquierdo Perrín. Arte medieval (I). En Galicia Arte X. A Coruña, Hércules, pp. 428-431.

Fotos: INICIARTE
















No hay comentarios: