1/12/16

Aprendendo coas redes sociais?


Algo que sempre me chamou a atención é a insistencia que temos os docentes (algúns?) para estar continuamente reflexionando sobre a nosa práctica profesional e buscando novos camiños cos que traballar co noso alumnado.

Estas semanas atrás andiven fedellando co ordenador no curso “Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación”. Algúns dos seus obxectivos eran “non só as posibilidades que ofrecen as redes sociais como plataformas software de apoio á docencia, senón tamén como ferramenta imprescindible da aprendizaxe informal e colaborativa en rede, complemento hoxe en día imprescindible para o tradicional aprendizaxe formal”.  E, por suposto, tratar de empregalas co alumnado.

Igualmente tamén pretendía o curso ofrecernos “unha experiencia de aprendizaxe conectada a través da cal poder construír ou re-deseñar o seu Ambiente Persoal de Aprendizaxe (Persoal Learning Environment - PLE), e os procesos de aprendizaxe persoais, e entrar en contacto con outros profesionais e persoas interesadas na educación a través de diversas comunidades virtuais, é dicir, crear unha rede persoal de aprendizaxe”.

Tras reflexionar sobre a importancia/posibilidade que ofrece o traballo colaborativo na internet, foime moi interesante facerme reflexionar sobre a miña Rede Persoal de Aprendizaxe (PNL) xa que o traballo con Twitter ou cos RSS non me resultoume especialmente novidoso. Cos marcadores sociais non me levo, historicamente, moi ben pero achegueime, de novo, a Diigo.

Resultoume novidoso o concepto de Social Content Curation  ou Curación de Contidos. Consiste en seleccionar e facer coleccións de enlaces e recursos (taboleiros, tipicamente) para logo compartilos. Aquí practiquei co Pinterest.  Outros conceptos e ferramentas xa as emprego cunha certa regularidade como o de gardar e compartir na nube a través do Dropbox ou Google Drive.


Mais sen dúbidas destes cursos sempre queda unha boa sensación cando compartes e aprendes con iguais e cando, constantemente recibes ánimos dos titores. Así da gusto.