3/10/16

Tesouros dos Sifnios no Museo Arqueolóxico de Delfos



Nunha das salas do magnífico museo de Delfos atopeime con esta pequena xoia encargada polos habitantes da illa de Sifnos, no mar Exeo. Son os restos escultóricos procedentes dun edificio xónico adicado ao deus Apolo. O tesouro acollía as riquezas que chegaron á cidade de Delfos desde as minas de ouro e prata antes de que se inundaran pola subida do mar. 

Copio da guía do museo o seguinte texto:

Una das creacións máis sigfinicativas da arte xónica é a decoración escultórica do tesouro dos Sifnios, que data do 525 a.C. aproximadamente. Del conserváronse en bo estado os conxuntos do friso, fragmentos do frontón oriental e da porta monumental, así como unha das dúas cariátides do pródomo.

Nos frisos do tesouro parece que traballaron dous artistas distintos. No friso norte e no oriental o escultor adentrouse en innovacións, seguindo a evolución da arte ática. Pola contra, os lados sur e occidental son obra dun artista que repite modelos antigos, sen volverse a novas indagacións.
Fragmento do friso oriental no que se representan esceas da guerra de Troia. De esquerda á dereita: Afrodita, Ártemis e Apolo.

No lado oriental represéntanse escenas da guerra de Troia, cos heroes da Ilíada (Héctor, Menelao, Aiante, Néstor, etc) combatendo ante os deuses en asemblea (Ares, Afrodita, Ártemis, Apolo, Zeus, Hera, Atenea, etc. ).
Detalle do friso norte: un león do carro de Cibeles devorando a un Xigante.

No friso norte represéntase a mítica batalla dos deuses contra os xigantes, onde se consegue transmitir de modo excepcional o ímpetu dos contendentes. Destacan as figuras de Hefesto, Heracles, Cibeles, Ártemis, Apolo, Zeus, Hera. Atenea, Ares, Hermes e Poseidón. Os nomes de determinados xigantes están escritos sobre os seus escudos.
Detalle do friso norte: a loita contra os Xigantes.

O tema do friso occidental é o xuízo de Paris, quen, segundo o mito, debía outorgar unha mazá de ouro á máis fermosa de entre as deusas, Atenea, Hera e Afrodita (Minerva, Xuno e Venus). No fragmento conservado distínguense as figuras de Atenea e Afrodita.

É descoñecida a escena do friso sur, que representa o rapto dunha muller. Segundo certa opinión, trátase do mítico tema do rapto das Leucípides.

Frontón este no que se representa a liorta entre Heracles e Apolo polo trípode do oráculo de Delfos.

Dos frontóns do tesouro salváronse fragmentos do oriental, no que se representa a disputa polo trípode délfico. Segundo a tradición, Heracles intentou arrebatarlle o trípode a Apolo para fundar o mesmo un oráculo. No enfrontamento de ambos contendentes interveu Zeus, que os detivo arroxando o seu raio. A peculiaridade do frontón reside en que as figuras represéntanse na parte superior exentas e na inferior en baixorrelevo.

Bibliografía: Delfos. El sitio arqueológico y el museo. 2008, Atenas, ed. Xaitali.

Fotos: INICIARTE (febreiro 2015).