24/10/16

Nike de Peonio en Olimpia


Vitoria ou Niké é unha escultura grega de mármore de Paros, cuxa autoría é atribuída por Pausanias ao escultor Peonio de Menda e fechada entre os anos 425 a. C. e 421 a. C., enmarcada, xa que logo, dentro do periodo clásico. Foi descuberta en 1875 durante as campañas de escavacións que dirixiron os alemáns por toda Grecia naqueles anos. Atópase no Museo Arqueolóxicode Olimpia.

Orixinalmente estaba situada diante do Templo de Zeus, en Olimpia, a uns 30 metros da súa esquina sureste. A parte conservada da escultura está esculpida dun só bloque de mármore de Paros, ten unha altura de 2,115 metros e coas ás despregadas, que se perderon na súa maior parte, debía medir case 3 metros. Estaba colocada sobre un pedestal triangular de 8,81 metros de alto formado á súa vez de 12 bloques tamén triangulares.

A imaxe representa á deusa Niké ou Vitoria descendendo á terra para agasallar aos vencedores cun ramo de oliveira que leva na súa man dereita, con ás despregadas e as roupas que se pegan ao seu corpo por efecto do vento e do seu movemento.

O escultor representa a unha nova deusa alada en toda a súa grandeza, no momento en que, baixando do ceo, chega á terra e pon o pé sobre un aguia, símbolo de Zeus. As ás e o, noutro tempo, himatión vermello, destruídos na actualidade, eran axitados polo vento cara atrás e cara arriba, dando así unha sensación de equilibrio e voo. O quitón da deusa está pegado sobre o corpo desvelando todos os detalles do corpo feminino. A Nike está apoiada na perna esquerda, lixeiramente adiantada, sobre un aguia. O rostro da deusa non se conserva, a causa da caída da estatua. Tamén falta parte das ás, do corpo, da vestimenta e as ás de metal do aguia.

Nunha das fiadas do pedestal os donantes gravaran unha inscripción: “os mesenios e os naupactios dedicaron como diezmo do botín de guerra a Zeus Olímpico”. Máis abaixo, con letra máis pequena, lemos: “realizouna Peonio de Mende, así como as acróteras do templo logo de concurso”.

Así coñecemos a causa do encargo desta singular obra. Os mesenios e os naupactios dedicárona a Zeus cando derrotaron ao exército máis forte da antigüidade, o dos lacedemonios. O acontecemento histórico ao que se refire a inscripción é a batalla do 421 a.C., do último ano da guerra de Arquidamo. Logo das batallas victoriosas, e 10% do botín de guerra, o chamado “diezmo”, dedicábase aos grandes santuarios. As estatuas con inscripcións que se conservaron son escasas e as inscripcións que nos chegaron son extraordinariamente importantes pola información que nos proporcionan. Na de Nike temos tamén a firma do artista, que xa sabe que creou unha obra de arte e a firma. Igualmente importante é a noticia de que Peonio esculpiu as acróteras do templo de Zeus logo dun concurso.

A Nike de Peonio é quizá a estatua máis viva da arte grega antiga. O gran escultor de Mende (Calcídica) logrou domar un enorme cubo de mármore, de 3 x 3 m. aproximadamente e crear unha figura alada única en beleza, movemento e vivacidade, dándolle unha atrevida inclinación cara adiante, de modo que ao mirala pódese pensar que nese momento acaba de baixar do ceo.


Texto procedende da Wikipedia e de Olimbía Vikatu. Olimpia. El emplazamiento arqueológico y los museos. Atenas, Ekdotiké, 2006.

Fotos de INICIARTE