22/9/16

Kuros de Anávisos


Kuros de Anavissos
540-530 a. C. Mármore, 195 cm. Museo Nacional de Atenas.

A Wikipedia cóntanos o seguinte:

"O kuros de Creso ou kuros de Anávisos é un kuros de mármore atopado en Anávisos en Ática (Grecia), que funcionaba como un lápida para a tumba dun mozo guerreiro caído chamado Creso (en grego Κροῖσος). A escultura de pé parece avanzar cara a adiante e mostra o típico «sorriso arcaico» no seu rostro. A escultura está datada en torno a 540-515 a. C. e mide 1,95 m de altura. Atópase no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas (inv. 3851). A inscrición da base da estatua di: «Detente e chora ante a tumba do falecido Creso, a quen o furioso Ares destruíu un día loitando nas filas máis avanzadas».



O kuros de Creso está no centro de dous debates arqueolóxicos actuais: en primeiro lugar, se os kuros representaban homes novos específicos ou eran representacións xenéricas de arquetipos idealizados que realmente non se parecen á persoa específica que conmemoran, e polo tanto son representacións simbólicas non naturalistas que incorporan o ideal do guerreiro masculino en promáchois (ἐν προμάχοις) «nas primeiras liñas da falanxe» no campo de batalla; e segundo, a autenticidade do kuros de Getty, que parece ter unha procedencia falsificada e mostra unha sospeitosa similitude co kuros de Creso".



Deixando xa a Wikipedia, esta escultura amosa perfectamente as características máis típicas da época arcaica. Nu, hieratismo, frontalidade, musculatura moi esquemática e case artificial, pés ben asentados no chan, unha perna (a esquerda) máis adiantada ca outra, brazos en repouso e pegados ao corpo, puños pechados. 


En canto á cabeza son de salientar os ollos amendoados, mirada fixa, os pómulos saíntes, o sorriso inexpresivo e forzado (sorriso arcaico), unha longa e simétrica melena. A testa está coroada por una pano o que facilita moito o traballo do escultor.



Nos seu corpo observamos un xogo de simetrías, desde a W dos peitorais que é equilibrada coa W invertida da clavícula, ata a dos xeonllos.

As fotos son de INICIARTE (febreiro 2015)

No hay comentarios: