22/8/16

O Estadio de Mesene


Para rematar esta pequena  serie sobre estadios da antiga Grecia (xa sei que non están todos: Delfos…) imos adicar unas liñas ao estadio de Mesene, a antiga capital de Mesenia. Xa saberedes que considero a esta cidade como a sorpresa do Peloponeso.

O Estadio sitúase ao sur da cidade, estando precedido, e case rodeado pola palestra e o ximnasio (non escribiremos deles aquí). Ao estaren na parte baixa da colina onde se ubican os restos arqueolóxicos,  a súa contemplación desde o alto produce unha sensación maravillosa  pois case podemos imaxinar  Esparta ao fondo do val.

O Estadio que debe estar preto dos douscentos metro de longo, estivo en parte rodeado de gradas e sen non me lembro mal das explicacións de Lefteris, extraordinario guía, orixinalmente non había gradas polo que os habitantes da pole sentábanse directamente sobre o chan para ter unha maior comunicación coa Terra. Cos cartos dun rico local, construíronse gradas na metade do estadio.

Ao igual ca no Estadio do Olimpia os habitantes máis importantes da pole tiñan asentos reservados na primeira ringleira.
As letrinas dos atletas

Aínda hoxe en día podemos contemplar os parapetos que axudaban a consolidar os terreos que rodeaban a pista deportiva.

Remata o Estadio un monumento funerario, cal templo dórico, que Iniciarte presentarávolo en outono.
Os baños dos atletas en proceso de escavación (febreiro de 2015)

Fotos de INICIARTE:


No hay comentarios: