10/12/15

Catedral de Tui: claustro

Os docentes Manso e Yzquierdo afirman sobre esta peza:


"O claustro, situado no lado sur da basílica, púidose iniciar contra mediados do século. No ano 1264 concluíra o alzado orixinal. Presenta planta cadrada e corredores con bóvedas de crucería que voltean sobre capiteis-ménsula ou sobre ménsulas corridas con motivos vexetais nos muros do interior, e sobre piares compostos con columnas e capiteis encaixados nos lados que comunican co patio. As arcadas de cada tramo organízanse en arquiños oxivais con columnas e capiteis emparellados, agás a do corredor oriental, situada fronte ao ingreso á sala capitular, que ofrece tres arcos oxivais pequenos. Todos eles están gorecidos por un arco maior de descarga que voltea sobre piares e está flanqueado por contrafortes que reciben o peso dos arcos perpiaños das galerías. A maioría dos capiteis presentan follas longas lisas ou de escaso resalte, e remates en croxé, de influencia cisterciense. Outros ofrecen follas lobuladas de formas máis naturalistas, que lembran as dos tramos occidentais do templo. A talla de todos eles, de pouco calidade, acusa tanto a decadencia do estilo importado coma a da arte rexional. O conxunto do alzado é moi valioso, pois é o único claustro catedralicio que conservamos deste período, ao parecer inspirado en modelos cistercienses". pp. 261-262.

Bango Torviso, I. G., Arquitectura románica en Pontevedra. A Coruña, 1979.
Cameselle Bastos, D. e Iglesias Almeida, E. La catedral de Tui. León, Edilesa, 2004.

Carmen Manso Porto e Ramón Yzquierdo Perrín. Arte. Galicia. A Coruña, Hércules, 1993. Tomo XI.