6/11/15

O Pilar da Luxuria

Nunha recente visita ao Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid co gallo de coñecer a súa nova  reforma (noxo cultural daba ver o seu estado anterior), gocei da vista desta singular peza. O propio museo descríbea do seguinte xeito:

Elemento arquitectónico formado por un alicerce central de sección rectangular, flanqueado por dúas columnas de sección circular, con capiteis formados por roleos vexetais, todo iso coroado por un ábaco axedrezado. Sobre o fuste dunha das columnas representáronse tres figuras: un contorsionista que asoma a cabeza entre as pernas, unha muller aleitando tres sapos (representación tradicional do vicio da luxuria ) e un personaxe anicado, coa cabeza á altura do ventre, que sostén sobre os seus ombreiros aos dous anteriores.

Na cara oposta, dúas figuras humanas con cabezas de león e de can respectivamente.


Este tipo de representacións, frecuentes no románico, aluden aos vicios do ser humano, e teñen unha finalidade moralizante para adoutrinar aos fieis acerca das consecuencias nocivas do vicio mediante a súa representación grotesca ou monstruosa. A interpretación do uso arquitectónico primitivo do alicerce non é clara, podendo ser o parteluz dunha porta monumental.

Material: Arenisca. Técnica: Tallado. Dimensións   Lonxitude = 209 cm; Profundidade = 29,30 cm; Longitude máxima = 229 cm; Anchura máxima = 85 cm. Lugar de procedencia: Araba. Datación: século  XII.