30/11/15

Catedral de Tui: fachada occidental


A fachada principal, flanqueada por torres ameadas, consta dunha única portada oxival que leva á nave central. Está protexida por un pórtico cuadrangular sinxelo con remate ameado e tres arcos oxivais, albergados por contrafortes en cada un dos lenzos. Sobre a porta, no segundo corpo, ábrese un rosetón sen decoración xeométrica, enmarcado por estribos sinxelos. Polo interior, sobre o arco da porta, un triforio construído no largor do muro da nave central comunica coa tribuna das naves laterais.

Das características escultóricas desta fachada xa vos falara anteriormente en Iniciarte.

 Carmen Manso Porto e Ramón Yzquierdo Perrín. Arte. Galicia. A Coruña, Hércules, 1993. Tomo XI, pp. 257-258.

No hay comentarios: