10/10/15

Hermes con Dioniso



Como desta obra o meu alumnado xa ten documentación dabondo. Vou poner algo distinto. Vai un texto extraido do libro de Olimbía Vikatu. Olimpia. El emplazamiento arqueológico y los museos (pp. 104-107).

Sala 8
O Hermes de Praxíteles. A sala está dedicada a unha das obras escultóricas culminantes da Grecia antiga, o Hermes de Praxíteles. A estatua, de 2,13 m. de altura, de mármore de Paros, foi atopada en 1877 na cella do Hereon, confirmandoao testemuña de Pausanias (V, 17, 3) que nos conta que dentro do Hereon atopábase Hermes cun pequeno Dioniso en brazos, “obra de Praxíetles”. O deus represéntase espido levando no brazo esquerdo, apoiado no tronco dunha árbore, ao pequeno Dioniso, deus das festas, do viño, do teatro e da diversión. O himatión deixouno encima do tronco. O brazo dereito levantado, cuxa man suxeitaría algún obxecto, mostrándollo ao neno, que dirixe a súa mirada cara ao mesmo, non se conservou. Quizais fose un acio de uvas, símbolo do pequeno deus, como se deduce doutros conxuntos de Hermes-Dioniso.


Tamén falta e están completadas (sic) a perna esquerda da estatua desde o xeonllo cara abaixo, a pantorrilla dereita e a parte inferior do tronco da árbore. É posible que na man esquerda de Hermes levase o caduceo. Nos cabelos e nas sandalias consérvanse vestixios de cor vermella-castiñeiro e de baño de ouro. Polas fontes sabemos que Praxíteles, para o coloreado das súas obras, colaboraba co gran pintor da súa época Nicias.


Segundo o mito, Dioniso era fillo de Zeus e de Sémelle. Con todo, Hera, cegada polos ciumes, logrou matar a Sémelle, con dolo, antes de que se cumprisen os nove meses para o nacemento de Dioniso. Entón Zeus tomou o feto e introduciuno na súa coxa, de onde, un pouco máis tarde, nacería Dioniso. Para que o deus “dobremente procreado e criado en coxa” crecese lonxe da cólera de Hera, Zeus confiouno a Hermes, mensaxeiro dos deuses, para que o levase a Nisa (Beocia) ás irmás de Sémelle. No transcurso da gran viaxe Hermes fixo unha parada para descansar. Este é o momento que escolleu Praxíteles para inmortalizarlo na súa soberbia creación.


Inicialmente a estatua estaba nalgún punto do Altis, pero na época dos romanos foi trasladada ao interior do templo de Hera, onde se instalou nun dos cavetos da dereita da cella. Entón realizáronse diversas intervencións na súa cara posterior que levaron a algúns estudosos a defender que é unha creación da época dos romanos. No entanto, na actualidade admítese que se trata dunha obra do gran Praxíteles, que sufriu certas alteracións durante a época dos romanos.


O Hermes constitúe a expresión perfecta da arte do século IV a.C., época que está predominada por unha intensa inclinación naturalista e realista, cando os deuses xa non aparecen representados en acción ou participando nos asuntos humanos, senón tranquilos e en estado de serenidade olímpica.



As fotos son de Iniciarte, tiradas no Museo de Olimpia.