24/9/15

Messene: a sorpresa do Peloponeso

Vista xeral do xacemento de Mesenia

En febreiro de 2015 estiven unha semana en Grecia. Todo resultoume mellor, e máis emocionante, do esperado. Pero se teño que admitir algo que me impactara foi, sen dúbida, Mesenia.  E foino por sorprendente, por descoñecida.

Na actualidade Mesenia é unha prefectura do sur do Peloponeso con capital en Kalamata. Magnificas lembranzas das fermosísimas vistas que tivemos desde a terraza do hotel.



Na época da Grecia Clásica, a capital estivo en Mesene  (grego: Μεσσήνη  Messínî o Messénê )

Foi fundada por Epaminondas no 369 a.C. despois da batalla de Leuctra.

A cidade foi construída polos exércitos combinados tebanos e arxivos e os exiliados mesenios que foran invitados a regresar e atoparon un Estado que será independente baixo goberno espartano. O sitio foi elixido por Epaminondas E estendíase sobre a pendente occidental da montaña que domina a chaira mesenia e culmina nos dous picos de Itome e Eua. O primeiro destes (740 m) servía como acrópole, e foi incluído dentro do mesmo sistema de fortificacións que a cidade de abaixo.
Santuario de Asklepios

Pausanias deixou unha descrición da cidade (IV, 3, 1-33), os seus principais templos e estatuas, os seus mananciais, os seus mercados e ximnasios, os seus lugares de sacrificio, a tumba do heroe Aristómenes e o templo de Zeus Itomatas no cume da acrópole cunha estatua do famoso escultor arxivo Agéladas, orixinalmente feita para os hilotas mesenios que se estableceron en Naupacto ao final da terceira guerra mesenia.
Murallas

Pero o que provocou o seu asombro principalmente foi a solidez das súas fortificacións, que superaba a todas as do mundo grego. Da muralla, aproximadamente de 8 km de extensión, quedan considerables partes aínda, especialmente ao norte e ao noroeste, e case o circuíto enteiro aínda pode ser seguido, proporcionando o mellor exemplo existente de fortificación grega. 

A muralla está flanqueada por torres duns 9 metros de alto levantadas a intervalos irregulares: estas teñen dúas plantas con escapatorias na parte inferior e fiestras na superior, e entrábase por portas no nivel máis alto do muro ao que se chegaba por tramos de chanzos. 


Lintel da Porta Arcadia

Das portas só dúas poden ser localizadas, a do leste ou porta Laconia, situada no lado oriental, e a norte ou porta Arcadia. Da primeira só quedan pequeno restos: a última, con todo, está excelentemente conservada e consta dun patio circular duns 18 m de diámetro con portas interiores e exteriores, a última flanqueada por torres cadradas a uns 10 metros unas doutras. O lintel da porta interior foi formado por unha única pedra de 5,7 metros de lonxitude, e a cachotería do patio circular é dunha asombrosa beleza e precisión. 


Patio circula da Porta Arcadia

Os outros edificios que poden ser identificados son o teatro, o estadio, a cámara do consello ou Bouleterión, e o propylaeum do ágora, mentres que nas alturas da montaña están os cimentos dun pequeno templo, probablemente o de Artemisa Lafria.
Estadio e ximnasio

Faise imprescindible que visitedes a web do xacemento porque amosa uns vídeos moi clarificadores. En vindeiras entradas irei comentando aspectos parciais deste marabilloso lugar.

Fotos de Iniciarte.

2 comentarios:

d:D´ dijo...

Ficaremos que non faga falta loitar contra os persas novamente e chegar a perderse toda esta estética anterga.
Cuna danteceres lonxanos que se ben fixeron de nos xente de lembranzas e conversas sobor os legados da historia, os acontecementos actuais levan o inferno das guerras contra as pedras e rochas laboradas a golpe de cicel.
No punteiro daqueles maeses canteiros andaba a istoria das polis e logo nas costas do sur fixeron outros máis.
Agora a ruíndade bota polo chan tantas delas; seica falaran as pedras chorarían de medo.
Unha ledicia lerte, maese. :)´

Antonio Martínez dijo...

Moitas grazas por tan reflexivo comentario.