16/10/14

O Circo Máximo: recreación dixital

O Circo Máximo, (en italiano Circo Massimo; en latín Circus Maximus, «o circo máis grande») creado baixo o mando do quinto rei de Roma, Lucio Tarquinio Prisco, foi un estadio para carreiras de carros da Antiga Roma. Situado en Roma, capital de Italia, levantouse no val entre os montes Aventino e Palatino. Foi o maior circo da antiga civilización romana cos seus 621 m. de lonxitude e 118 m. de anchura. As súas bancadas podían acomodar a uns 250. 000 espectadores, segundo estimacións modernas, e a súa configuración foi modelo para todos os circos que os romanos construíron en numerosas cidades do seu imperio. Na actualidade só queda a planta do antigo estadio e o seu solar é un parque público de Roma.