25/9/14

"O mundo de Cristina"

Andrew Wyeth. Christina´s world. Témpera sobre táboa, 1948, 81,9x 121,3 cm. MoMa.

Dentro do proxecto “Arte na escola” o artista Xosé Cobas expuxo no noso IES a súa visión do cadro de Andrew Wyeth “Christina´s world” de 1948. Foi moi interesante explicar aos visitantes da exposición de Cobas tanto a pequena historia do cadro de Wyeth como a re-interpretación de Cobas. 

Quen foi Andrew Wyeth

Este pintor, ao que moitos especialistas considera un “irritante anacronismo no mundo da arte”, é un dos máis admirados polos norteamericanos. Naceu en 1917 e faleceu no 2009. Está considerado como o “pintor do pobo” foi/é enormemente popular nos Estados Unidos. É fillo, irmán e pais de artistas. Na súa infancia estivo moi delicado de saúde. A súa primeira exposición, en 1937, foi un grande éxito pois vendeu todas as obras. O seu estilo é cualificado como realista e rexionalista. Os lugares onde residiu e os seus habitantes son os temas das súas obras. O seu estilo tivo una escasa evolución. Contou cunha gama cromática tendente á austeridade predominado as core da terra. A súa temática é relacionable coa dos artistas da “American Scene” interesados por representar o esencia do norteamericano. Ás paisaxe uniu o gusto por representar a figura humana. 

Foi tan popular nos Estados Unidos que foi o primeiro artista vivo ao que o Metropolitan Museum of Art de Nova Iorque organizoulle una retrospectiva en 1976. 

Christina´s world Pintado en 1948 cando Andrew tiña só 32, pasaría a converterse un elemento clave da cultura visual dos seus coetáneos, sendo xunto con “Gótico americano” de Grant Wood, un dos cadros máis coñecidos e valorados polos estadounidense. 

Empregou a Cristina e ao seu irmán Álvaro como modelos entre 1940 e 1968. Esta obra serviu para establecer a obsesiva fidelidade de Wyeth á xente que pintaba pois tal e como ten manifestado o propio artista “Canto máis estou cun obxecto, sexa un modelo ou un anaco de paisaxe, máis comezo ver o que non apreciaba”. 

A escena transcorre preto da residencia de verán do matrimonio Wyeth en Cushing, no estado de Maine. Vemos que na táboa retrátase de costas a una muller vestida de rosa e semella arrastrarse por un prado cara a una casa lonxana. Da muller non podemos saber a súa idade nin cal é a súa condición física (estaría incapacitada?) Mais se podemos valorar a tremenda sensación de soidade que transmite e mesmo a fraxilidade dos seus longos brazos no que repousa o peso do torso. 

Sabemos que a protagonista tiña una incapacidade motora pola poliomelite que padecera na súa infancia e que tiña que empregar una cadeira de rodas mais ela non se resignaba a arrastrase polos campos para recoller flores coas que ambientar a súa casa. Curiosamente quen está pintada non é a súa veciña Christina senón a súa Christina contaba xa con 55 anos de idade propia muller Betsy. 

A casa fora construída en 1700 e reformada en 1871 pola familia Olson. No 2011 foi declarada Monumento Histórico Nacional formando parte do Farnsworth Art Museum

Christina morreu en 1969 sendo soterrada na parte traseira da casa xunto ao seu irmán Álvaro. Curiosamente o pintor Wyeth tamén está soterrado alí. 

A visión de Xosé Cobas 

Tennos confesado este magnífico artista (deseñador gráfico, ilustrador, pintor…) que una das súas fontes primarias de inspiración é a historia da arte. Entende o seu óleo como una re-interpretación do “Mundo de Cristina” para amosar como a sociedade actual está a tratar o medio ambiente: emprego irresponsable. De feito, podemos observar como o campo foi re-convertido nun papel enrrugado, tal como se fora pensado para utilizar e logo tirar ao lixo.

No hay comentarios: