20/1/14

Mantega: Pranto sobre Cristo morto

Mantegna. Pranto sobre Cristo Morto. Ca. 1480-1490
Témpera sobre tea, 68 cm x 81 cm. Pinacoteca de Brera, Milán.

Descoñécese con exactitude a data de elaboración desta obra, mais probablemente correspóndese coa etapa de madurez do pintor  de Mantua. É una da obra que polas que sinto una maior paixón. Ben lembro cando tiven a oportunidade de coñecela, acompañado por un bo amigo e guiado polo director do museo. Que privilexio.

Este tema xa non era unha novidade no renacemento. Lembremos os traballo de Giotto na capela Scrovegni, mais agora o tratamento da norte  e, sobre todo, o punto de vista empregado polo autor é radicalmente anovador.

O corpo, representado cun orixinalísimo punto de vista, está amosado desde os pes, deste xeito as dimensións corporais están acurtadas dun xeito case brutal. No primeirísimo plano temos os pes do morto cando non moito tempo atrás así representados case semellaría estar blasfemando. O escorzo ten un peculiar tratamento da perspectiva de forma tal que pode ser visto desde distintos lugares, alterando a ríxida estaticidade monofocal. Se o espectador cambia de lugar a perspectiva tamén.

 O morto está situado sobre unha lousa de mármore cun scrozo realmente atrevidísimo ao tempo que novidoso. É un scorzo moi violento como se Mantegana tratara de profundar no sufrimento e na desolación ocasionada polo violenta norte. Nese scorzo o tórax de Cristo aparece reflectido con moita potencia mentres que os estigmas das mans e dos pés figuran sen ningún grao de idealismo. A posición de Cristo aumenta a sensación de realismo, de atoparnos diante dun home morto e diante dun deus. Cristo coma home.

A saba que tapa parcialmente o corpo vai pintada nos mesmo tons que a pel, fomentando o sentimento tráxico do conxunto. Os rostros están pintados con escasos toques de cor ao igual que a descrición do buratos dos cravos de mans e pes, representados cun desgarrador realismo.

A cabeza de Cristo está ladeada e inmóbil. Frecuentemente saliéntase o detalle curioso (¿) de que o centro da composición, o centro xeométrico do cadro, son os xenitais do morto. O corpo ocupa case todo a peza xa que tan so restan dous pequenos triángulos a cada lado. Nunha banda aparecen dous rostros: san Xoán e a nai do morto, dona de elevadade idade fronte a unha tendencia de amosala como unha moza nova. A Virxe contrae a boca nun rictus de de grande dor, expresión nada frecuente na arte ata entón. Noutro lado un anaco da lousa e un pequeno obxecto. Tamén é posible intuír a presenza dunha terceira persoa.

Os rostros son desproporcionadamente grandes, mentres que as súas mans son especialmente pequenas. De feito hai especialistas que estas figuras foron engadidas con posterioridade por algún outro autor.


Este lenzo estaba destinado á capela funeraria de Mantegana, artista que fora criticado por representar a Cristo segundo o xeito romano, coma un home mortal. Debemos lembrar que Mantegna traballaba con fontes literarias clásicas así como con medallas e moedas romanas co obxectivo de facer unha nova recreación do mundo clásico.

Tedes máis información en Art en Línea e na Wikipedia

1 comentario:

Gonzalo Durán dijo...

Un cuadro muy interesante.La mórbida palidez del cuerpo, la túnica y la losa, en la misma gama cromática, prolongan la presencia de la idea de la muerte, y el espacio constreñido, sin apenas espacio para la Madre, aunque sí para sus lágrimas, intensifican la sensación de asfixia y abatimiento que transmite la escena. Me encanta. Saludos.