19/9/13

Sobre as orixes da arte

A arte non ten só como papel o de crear beleza e dar así ao home uno dos seus praceres máis elevados, senón que asume ao mesmo tempo a función profunda que é quizais indispensable ao seu equilibrio (…)

A arte comeza desde o momento que o home crea, non xa coma os animais cun designio utilitario, senón para representar ou para expresar. Nun e outro caso, sérvese dun obxecto, formado por unha man, creado por el: a obra de arte.


Por ela, como acabamos de dicir, representa ou expresa, é dicir intenta romper, en ambos casos, un dos límites que lle impón a natureza. Cando representa, loita contra a imposibilidade en que se ve de escapar á fuga do tempo, que anula sen cesar o que somos. Confía o seu testemuño a unha materia máis estable e máis duradera ca memoria. Nas sociedades antigas, esculpía ou pintaba o mito relixioso ou o acontecemento histórico cuxo espectáculo quería fixar; nos tempo máis recentes, aplícase cada vez máis a conservar un rostro ou unha paisaxe cuxa fuxitiva beleza que o conmoveu. A arte entón depende sobre todo da impresión.


Pero hai outra posibilidade, a de facer coñecer aos demais o que un leva en si mesmo, o mundo descoñecido, inefable, do que se sente, do que se imaxina, do que se soña. O artista intenta facer entrar no visible ese mundo invisible que non existe máis que na nosa cabeza ou no noso corazón; procura proxectar na súa obra o que posúe en si, o mesmo o afán dunha determinada harmonía que un xeito de pensar ou un xeito de sentir. Esfórzase en dar a equivalencia lexible deste segredo nunha imaxe e facelo así experimentar aos que a descifren. A arte depende entón sobre todo da expresión.



(…) A arte é en primeiro lugar unha toma de posesión. Aparece como un medio concedido ao home para ligarse ao mundo exterior, para atenuar a diferenza de natureza que o separa del e o terror que ante el experimenta. As manifestacións máis antigas ofrecen xa un dobre aspecto: por unhas, o home intenta proxectarse sobre o universo, levar a el a súa pegada, a súa garra, inscribirese nel. E por outras, apropiarllo, facelo seu. En ambos casos hai esforzo de posesión, xa sexa que queira selalo coa súa impronta ou xa que se apodere del baixo a forma dunha imaxe, dun dobre, en diante manexable e sumiso. No primeiro caso hai proxección, no segundo captación. A vontade é a mesma.


René Huyghe. El arte y el hombre. Barcelona, Planeta, 1977, citas das páxina 19 e 22.