16/5/13

Nova ponte en Covilha


Hai algún tempo Del tirador a la ciudad presentounos a ponte peonil que o arquitecto Joao Carrilho da Graça xunto cos enxeñeiros de Afaconsult realizaron sobre o val de Carpinteira, na cidade de Covilha en Portugal. E é que o país irmá non deixa de sorprenderme constantemente coa calidade da súa arquitectura desde hai uns trinta anos.

A ponte ten unha altura de 52 metros e non ten unha forma recta senón curva para percorrer os 200 metros que separan  a nova piscina municipal das vivendas. O custe das obras foi de 1.600.000 euros.

Gozade co seguinte vídeo, por favor.

Pedestrian bridge over Ribeira da Carpinteira . Covilhã Portugal . João Luís Carrilho da Graça from Vitor Gabriel on Vimeo.