1/4/13

Wrigley Building de Chicago



Edificado entre 1919 e 1924 segundo o deseño de Charles G. Beersmann (1888-1946), un arquitecto formado na tradición beax-artinana e que se incorporara a unha das grandes firmas de Chicago, a E. Graham, E. Probst, P. Anderson e H.S. White. O edificio está situado no 410 da North Michigan Avenue, é dicir, no reamte do Loop e no inicio da zona Norte de Chicago.


Con este edificio, a “cidade do vento” retoumo a inicitiva da edificación en altura que desde uns anos atrás fóralle arrebnatada por Nova York (edificos como Woolworth ou o Municipal Building de 1914 superaban en altura aos rañaceos de Chicago).

Nesta obra atopamos unha síntese entre o legado da arquitectura comercial, sobre todo do Reliance Building, no seu refinao revestimento, e a herdanza clasicista das fachadas brancas tan coñecidas na exposición de Chicago de 1893. mais tamén esta edificación adopta solucións neoyorquinas, ao rematarse cunha torre que, alucinantemente está inspirada na Xiralda de Sevilla (podesde informarvos doutras xiralnas dos Estados UNidos de América nesta ligazón)e na Lanterna de Lisícrates.

O reluciente e branco Edificio Wrigley é unha das torres de oficinas máis famosas de América. Situada na Avenida Michigan, na rivera norte de río Chicago, no punto máis ao sur da "Milla Magnífica", o edificio Wrigley está formado por dúas torres conectadas por unha pasarela aberta no nivel de rúa e outras dúas pasarelas pechadas.


O terreo para construír, elixido por William Wrigley Jr., é único por mor da súa forma triangular. A finalidade do Sr. Wrigley era crear unha sé impresionante para a súa triunfante empresa de chicles e a esquina noroeste da Avenida Michigan era o sitio perfecto. Durante xaneiro de 1920, cando empezaron as excavacións para edificar, a ponte da Avenida Michigan estaba en construción. O Edificio Wrigley converteuse na estrutura pionera no desenvolvemento do barrio de negocios ao norte da Avenida Michigan.


A estrutura formal do Edificio Wrigley foi modelada a partir da Xiralda de Sevilla, España. Con todo, o deseño ornamental do edificio está baseado nunha adaptación americana do estilo renacentista francés.


O 11 de novembro de 1920, púxose a primeira pedra da torre sur. En mayo de 1924, completábase a torre norte e conectábase coa sección sur mediante pasarelas no nivel cale e entre os pisos terceiros. Máis tarde, en 1931, levantouse a pasarela no piso 14.


O gran reloxo da torre do edificio é un dos seus trazos máis coñecidos. O enorme reloxo de dous pisos da torre sur posúe catro esferas, cada unha de 5,97 m de diámetro. Cada esfera ten unha maneciña para a hora que mide 1,93 m e un minuteiro 2,7 m de longo. Estas maneciñas estiveron orixinariamente feitas de secoia, pero recentemente reformáronse e fabricáronse de aluminio tipo aeronáutico para aumentar a súa durabilidade.



O edificio está revestido con aproximadamente 250.000 azulexos individuais de terracota vitrificada, o que supuxo un récord mundial no uso deste material durante a súa construción. Cada azulexo está identificado nunha base de datos computerizada que permite facer o seguimiento e mantemento de todos e cada un dos azulexos colocados no edificio. No interior do edificio destaca a utilización do cobre nas salas de cada torre, incluíndo o vestíbulo, as portas do ascensor e a sala do reloxo.


Ademais de albergar a sé de Wm Wrigley Jr. Company, o Edificio Wrigley Building aloxa outras moitas compañías. Máis de 1.300 persoas acoden cada día a traballar ao Edificio Wrigley.


A iluminación noctura do Edificio Wrigley é un dos reclamos luminosos máis grandes do país. Está fornecida por varios bancos de luz que inclúen 116 focos metálicos de 1.000 vatios, montados sobre a rivera sur do río Chicago. Estes, xunto con outros sete focos a nivel de rúa, manteñen a Avenida Michigan e as caras do edificio que dan ao río Chicago brillantemente iluminadas. Ao oeste do Edificio Wrigley utilízanse outros 16 focos de metal de 1.000 vatios. Para axudar a crear un efecto de iluminación gradual cara á zona superior, instaláronse outros 62 focos sobre o propio edificio.
Boa parte do texto está adaptado da compañía Wrigley. As fotos son de INICIARTE.