29/4/13

As señoritas de Avignon segundo Olivier, neto de Picasso

Hai tempo xa escribín sobre esta importantísima obra (ben lembro como a estudie na facultade...) hoxe imos vela da man e das letras de Olivier, un dos netos de Picasso. O texto que ven a continuación procede de: Olivier Widmaier Picasso. Picasso. Retratos de familia. Madrid, Algaba, 2003. Indico as páxinas correspondentes.


"… O longo camiño percorrido cos seus debuxos preparatorios condúceo a rematar, en xuño de 1907, a tea emblemática da arte moderna, As señoritas de Avignon, cadro que o converte no creador que o novo século esperaba.

INTRODUCE A SEGUINTE NOTA  AO PÉ DE PÁXINA:

Tras traballar en segredo durante máis de seis meses nas Señoritas de Avignon, Picasso desvela unha obra monumental, que cuestiona os fundamentos da pintura derrubando as convencións, os xéneros artísticos e a concepción do espazo. Trátase dun retrato en grupo, explícito e provocador ata a crueldade, saturado de voierismo. A elección do tema xa é, por si mesma, perturbadora, posto que se trata da representación dunhas prostitutas que esperan aos seus clientes no salón dun bordel de principios de século (XX). Ademais do seu aspecto impúdico e chocante para a época, o cadro é innovador na súa composición e na construción do espazo pictórico. Logo de asimilar os recentes descubrimentos de Cézanne e dos fovistas (sic), Picasso lánzase, á súa vez, á reconstrución de planos sucesivos, ocultando así calquera forma académica e destruíndo a perspectiva tradicional. O canon estético é profanado; todo queda dito brutalmente, sen reviravoltas. O tema do espido, tan corrente na pintura, reviste agora unha forma máis crúa (xa iniciada por Courbet e Manet), na que calquera alegoría queda disimulada e na que o ollo do espectador está enfrontado á mirada fixa das prostitutas.

O TEXTO CONTINUA DA SEGUINTE FORMA:

Con todo, a tea non será exhibida ata nove anos máis tarde. Só algúns privilexiados ven a obra no estudo. A maioría, nada seducidos, búrlase dela e lanzan sarcasmos: ata Leo Stein, Derain Apollinaire ou Braque, a quen lle debemos esta famosa observación: "A pesar das túas explicacións, ¡a túa pintura é coma se obrigar a comer estopa e a beber petróleo para chuspir lume!". Fernande (Olivier) nin sequera menciona o gran cadro nas súas memorias. Ninguén descubre o que encerra? Gertrude Sein é a única, ou case, que se extasía e capta o momento histórico.
Páx. 51.


(…) No outono de 1925, a pesar da súa vella resolución de non participar nunca en exposicións colectivas, Pablo acepta figurar na primeira exposición surrealista, na galería Pierre de París. O modista e coleccionista Jacques Doucet presenta as súas Señoritas de Avignon, as consideradas nais de toda a arte moderna…


INTRODUCE A SEGUINTE NOTA A PÉ DE PÁXINA:

A finais de 1921, aconsellado por Endré Breton, Jacques Doucet comprou inmediatamente, a crédito, a tea a Picasso. As señoritas de Avignon foi vendida pola súa viúva, en 1937, a Jacques Seligman por 150.000 francos (68.500 euros), e logo adquirido por 28.000 dólares polo Museo de Arte Moderna de Nova York, grazas a unha doazón privada de 10.000 dólares e á venda dunha tea de Degas, Le Cham de course. ¡Era a primeira vez que o museo desprendíase dunha obra (a decisión da compra non foi oficial ata abril de 1937, tras a venda do Degas)! En 1990, con motivo da exposición “Picasso and Braque, pioneering Cubism”, a obra foi valorada en “polo menos” 500 millóns de francos (máis de 75 millóns de euros). Hoxe en día o seu prezo é inestimable."
Páx. 71.


Finalmente neste vídeo poderedes contemplar un bo resume desta obra imprescindible da pintura contemporánea: