19/3/12

Domingos de Andrade: escaleira de Bonaval



Como hai uns días, na visita a Santiago de Compostela, un dos elementos máis sobranceiros para o alumnado foi a escaleira de Domingos de Andrade no Convento de santo Domingos de Bonaval, toca hoxe aumentar un pouquiño a información sobre esta pequena e insólita obra da arquitectura barroca galega.

O convento foi realizado no episcopado de Antonio Monroi durante o seu arcebispado en Santiago (1685-1715), baixo os deseños de Domingos de Andrade. É de interese a fachada, claustro e igrexa. Mais, para nós, é de destacar a tripla escaleira situada no ángulo noroeste. Ten forma elicoidal cunha grandísima audacia construtiva e no deseño. Construtiva porque os chanzos están realizados nunha soa peza granítica, engastadas nun nervio exterior sen necesidade de penetrar no muro nin unirse uns aos outros... E no deseño porque no mesmo oco desenvólvense tres ramplas independentes que conducen a diferentes salas do convento, hoxe Museodo Pobo Galego. Só unha escaleira conduce ata o miradoiro.

Segundos os especialistas, é posible que Andrade se inspirase en Palladio xa que no seu libro “Tratado de Arquitectura” describira a escaleira do castelo de Chambord de Francisco I, mais alá tan só era unha escaleira dobre .

3 comentarios:

María Gómez dijo...

A vindeira vez que vaia a Santiago será unha visita obrigada. Teño curiosidade por sabar donde remantan esas escaleiras

Antonio Martínez dijo...

Querida María, xunto cos tellados da catedral, estas escaleiras deben ser de visita obrigada. Grazas polo comentario.

Ariadna dijo...

hola que tal! estuve visitando tu blog y me pareció interesante, Me encantaría enlazar tu blog en los míos y de esta forma ambos nos ayudamos a difundir nuestras páginas. Si puedes escríbeme a ariadna143@gmail.com

saludos