4/6/11

Visitando exposicións: "Polonia. Tesouros e coleccións artísticas"


Óleo sobre táboa. Ca. 1490

O pasado sábado, acompañado por todo unha experta en familias reais europeas, visitei a exposición “Polonia. Tesouros e coleccións artísticas” no Palacio Real de Madrid.

É a primeira vez que se presenta en España unha exposición dedicada ao patrimonio polaco. Pódense contemplar a evolución artística no medievo e na época moderna con pinturas, esculturas e obxectos das artes decorativas. Tamén resúmese a aportación polaca á evolución das ciencias, con especial alusión a Copérnico. Chamoume especialmente a atención a importancia concedida aos rituais funerarios, destacando os retratos fúnebres.

As pezas estrelas da exposición son, sen dúbida, A Nena nun marco de Rembrandt (peza onde a protagonista semella querer saír da obra) e a Dama do armiño de Leonardo da Vinci. É a primeira ocasión que se pode contemplar esta obra do mestre italiano en España. Representa a Cecilia Gallerani, quen fora amante de Ludovico o Moro, duque de Milán, que tería uns dezasete anos e que co animal podería agochar un posible embarazo.


No hay comentarios: