9/6/11

Esculturas en Chicago (VI): Calder



Encargada pola administración norteamericana (General Service Administration) en 1972, o Flamengo é unha obra de Alexander Calder, recoñecido escultor norteamericano polas súas peza móbiles. Está situada na praza do edificio Federal (O Kluczynski Building é moderno rañaceos do centro de Chicago situado na rúa Dearborn 230 Sur, deseñado por Mies van der Rohe con 45 andares e rematado en 1974) e leva a data de 1973 aínda que foi rematada ao ano seguinte.

Ten un peso de 50 toneladas é de aceiro vermello. É una peza non móbil, o cal era toda unha novidade en Calder. As
súas formas curvas rachan coa pureza de liña rectas do edificio de Mies. A obra foi dada a coñecer polo seu autor o 25 de outubro de 1974, día que se proclamou como “Día de Alexander Calder”.

É unha gran peza pola que os seus visitantes poder camiñar por baixo dela. A forma desta obra alude ao flamengo. É toda unha obra moi potente, visualmente moi atractiva que fai un contrapunto f
ronte ao seu contorna arquitectónica. Unha maqueta está instalada no Art Institure de Chicago.


5 comentarios:

Marina dijo...

Estou vendo que lle sacache un partido enorme a túa viaxe por terras americanas..... Cousa moi interesante para os pobres que coma min só os podemos ver nas fotos, que conste que o filtro da túa mirada é un gran filtro.

Antonio Martínez dijo...

Benquerida e pobre Marina: é un pracer compartir as miñas viaxes contigo. Xa ves que as únicas que facemos xuntos son as virtuais.

Anil Rajanala dijo...

I think you have a great page here… today was my first time coming here.. I just happened to find it doing a google search. anyway, good post.. I’ll be bookmarking this page for sure.


Web hosting

shweta jain dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
shweta jain dijo...

Chicago is really a beautiful place with the collection of all sculptures and monuments. Wonderful post. Thanks for sharing such useful information.
Web hosting