13/2/11

Sen comentarios (XXV): Pazo do Cotón en Cee (A Coruña)


Magnífica e clara fotografía a que recibo de Fran Méndez sobre o Pazo de Cotón en Cee. Que forma tan "actual" de escarallar o patrimonio...

O pazo é unha construción do século XVIII vencellada á casa dos Carantoña e ao marquesado de Villaverde. Conta con muros de sillería. Alta cheminea con curiosos remates. Na fachada destacan o balcón cos seus balaustres de pedra, a escaleira lateral tamén con barandal de pedra, a porta con moldura decorativa e un gran escudo.

1 comentario:

d:D´ dijo...

Carallo, quen non comenta tal desacougo...
Andaban a ver se lle pegaba algo da nobreza e poidera ser que o que fixeron chama nas portas do ceo.
Pódese ver a corrupción asomando polas fiestras.

Sen comentos?