21/2/11

A Gioconda, outra teoría

Nova da Voz de Galicia:

Da Vinci inspirouse no seu amante masculino para «A Gioconda»

Un estudo reabre a polémica sobre a identidade da Mona Lisa

A Gioconda, de Leonardo da Vinci, un dos cadros máis fascinantes da historia da arte, segue sorprendendo cos seus misterios. O pintor florentino deixou para a posteridade a incógnita do sorriso misterioso dunha dama sobre cuxa identidade se fixeron todo tipo de conxecturas. Agora, as últimas investigacións acaban de engadir un novo personaxe para a controversia. Segundo un informe presentador onte polo Comité Nacional Italiano para a Valoración de Bens Históricos, a misteriosa dama esconde nas súas pupilas dúas letras, unha «L» e unha «S», que, segundo os expertos, indicarían quen inspiraron en realidade a Leonardo. «Un verdadeiro código Da Vinci», explica o presidente do comité, Silvano Vinceti, para quen a «L» é a inicial de Lisa Gherardini, muller do mercador florentino Francesco do Giocondo, mentres que a «S» correspondería ao Salai, amante e alumno predilecto do pintor.
A imaxe presentaría trazos dos dous personaxes, de acordo con esta teoría. Para Vinceti, O Salai tiña «relacións ambiguas con Leonardo; as súas imaxes son moi femininas e reconocibles noutros cadros do pintor que presentan trazos moi semellantes aos da Gioconda». Para o comité, a obra é a síntese de tres momentos importantes na vida do pintor florentino, unha especie de «testamento vital» da súa última etapa. Con Gian Giacomo Caprotti, O Salai, Leonardo mantivo unha relación amorosa durante 25 anos.
A investigación descubriu dous números, o 7 e o 2, baixo un arco da ponte da paisaxe. Segundo Vinceti, «non é casual», xa que as cifras (tanto xuntas como por separado) están consideradas máxicas na cábala e no cristianismo.
A cábala di que o nome de Deus está formado por 72 cifras e o 7 está unido á creación do mundo. Segundo Vinceti, na tradición cristiá o 7 e o 2 levan ao Apocalipse de San Xoán. «Ademais o 2 é o dualismo, a oposición e a harmonía entre os principios masculinos e femininos», afirma. A ponte sería un elemento simbólico asociado á morte e tamén ao retorno ao ventre materno.

1 comentario:

PACO HIDALGO dijo...

Una más, Antonio, una teoría más sobre la Gioconda, el cuadro, probablemente, con más interpretaciones posibles. ¿Conoceremos algún día la realidad de este lienzo? Feliz semana.