21/1/11

Catedral de Sevilla: o maior templo gótico do mundo

Foi levantada, a partir do de 1401, e consagrada en 1507, coa dirección de Alonso Martínez, sobre a mesquita almohade so século IX e da que conserva aínda o minarete (a Xiralda) e o patio das ablucións (o Patio dos Laranxos). Por este motivo ten unha forma rectangular. É de estilo gótico serodio.

Contan que cando se ordenou a súa construción o Cabido de Canónicos afirmou. “Fagamos una obra tan grande que os que a vexan rematada nos teñan por tolos”. Hoxe soe afirmarse que o templo gótico máis grande do mundo e o terceiro templo cristiá de maior tamaño despois de san Pedro do Vaticano e san Paulo de Londres.

É de planta de salón con cinco naves sendo a central a máis alta e ancha e as capelas xorden dos contrafortes. O alzado prescinde do triforio e conta con piares con pequenas columnadas pegadas. No exterior é moi chamativo que fronte á lixeireza dos arcobotantes, pináculos e contrafortes, destaque o seu forte carácter macizo e de bloque.





No seu interior destaca o Retablo Maior de 18 metros de altura e no que se representan esceas do Antigo e Novo Testamento, con máis dun milleiro de esculturas e está considerado como un dos maiores retablos cristiás. Foi realizado durante case un século (entre 1482 e 1564) segundo os trazos de Pyeter Dancart. Tamén no interior cabe falar das súas vidreiras flamengas do XVI e a súa Capela Maior coas súas fermosas rexas de ferro e os púlpitos do XVI. Foi realizada por Martiño de Gaínza no XVI, sustituindo á absida gótica. Nun lateral gárdanse uns supostos restos de Cristovo Colón. Igualmente hai que falar do coro que ocupa un tramo da nave central e conta cunha cadeirado dos século XV e XVI. O conxunto cúbrese con bóvedas estreladas.

A sancristía Maior, de estilo Plateresco iniciada por Diego de Riaño e continuada por Martiño de Gaínza a mediados do XVI.

Non é habitual falar dos problemas habidos nas historias dos grandes monumentos. Na catedral de Sevilla hai que salientar que o 28 de decembro de 1511 (o día das inocentadas) produciuse un derrumbe na bóveda central no cruceiro por fallo dun dos enormes pilares. Foi destituído o responsable da fábrica (Alonso Rodríguez) e fíxose cargo das obra Xoan Gil de Hontañón quen deseñou una nova cúpula (1519) pero o ciborio caería en 1888, sendo reconstruído por Xoaquín Fernandez.

Patrimonio da Humanidade desde 1987. Desde a páxina web do templo pódese facer visitas virtuais. Máis información na wikipedia.



Finalmente, un consello, non deixedes de ver outras entradas en INICIARTE, sobre a arquitectura gótica.

4 comentarios:

PACO HIDALGO dijo...

Me gustan más las catedrales clásicas de Burgos o León, pero no dejo de reconocer que es una obra grandiosa y espectacular la catedral de Sevilla, además de estar muy unida a mis emociones. Gran resumen y excelentes videos, que te los copiare para clase. Un abrazo y un gran fin de semana, Antonio.

Antonio Martínez dijo...

Tampoco es mi catedral preferida, Paco. Pero realmente es grandiosa...

Cristina dijo...

Imponente! E moi ben explicado,,, Unha dubida... Si clicas para saber mais da arquitectura gótica, voltas a mesma páxina...É con intención didáctica para que repasemos ou e por defecto do programa?

Antonio Martínez dijo...

Ola, Cristina (vou ter que designarte a seguidora máis lectora...)
A inteción desa ligazón é para que o alumnado repase todas as entradas que hai no blog sobre "arquitectura gótica". Saúdos, con frío.