19/11/10

Arquitectura musulmá: partes da mesquita


Gran Mesquita de Kairouán (Tunicia)


"A oración cara a Kaaba facíase xa en tempos de Mahoma na súa propia casa de Medina, primeiro oratorio da nova relixión máis concretamente baixo o cobertizo que mandara construir ao longo dun dos muros do patio, sostido por troncos de palmeiras. Esta construcción rudimentaria estaba, sen dúbida, desprovista de todo carácter arquitectónico. E non obstante fixaba xa o esquema da futura mesquita coas súas partes esenciales: o patio moi amplo e a sala hipóstila que o bordea e prolonga pola parte da qibla, sala moi ancha e pouco profunda, a súa proporción loxicamente está determinada pola ordenación da oración colectiva.

Este programa admite variacións pero casi constantemente se afirman os mes¬mos elementos esenciales: unha sala ampla no sentido lateral e abríndose ao ancho a un vasto patio. Polo demáis non hai unha diferencia moi clara entre patio e sala. Órase tanto nunha como noutro; non hai ningún lugar reservado nin inaccesible. O único órgano que sobresale de dito templo sen altar nin santuario é un nicho baleiro o mihrab, que se horada na parede do fondo da sala e precisa a qibla. Por modesto que sexa este motivo de arquitectura convírtese no punto central en torno ao que se organiza toda unha decoración, o núcleo de onde irradia a belleza. O mobiliario da mesquita é tambén moi sinxelo, sendo o elemento principal o mimbar, púlpito para orar, que só existe nas grandes mesquitas onde se celebra a oración solemne do venres.(...) A maqsura, a verxa que en certas mesquitas de cidades capitais delimitaba o recinto onde o príncipe asistía á oración pública, sitúase fronte o mihrab. (...)

Aos accesorios hai que engadir os dous anexos característicos destas casas de oración: o minarete, torre dende o alto de que o muecín lanza a súa chamada cinco veces ao día, e a midha, letrinas e sala de abluciones, onde os fieles poden purificarse antes de entrar na mesquita
."



Gran Mesquita de Kairuoán (Tunicia)

Marçais, G.- El Arte musulmán. Cátedra. Cuadernos nº 16. Madrid 1983. páxs.15 - 16.

2 comentarios:

PACO HIDALGO dijo...

Muy útil este post, Antonio: claro, conciso y preciso. Justo lo que hace falta para el poco tiempo que tenemos. Me lo quedo. Un abrazo.

Antonio Martínez dijo...

A mandar, Paco. Si quiere te lo mando en castellano. Saludos