1/5/10

1º de Maio: Os cepilladores do parqué


Gustave Caillebotte, Os cepilladores do parqué
1875, 102 X 146,5 cm Museo d´Orsay

Gustave Caillebotte foise unindo ao grupo de pintores impresionistas a comezos da década de 1870.
Sería Monet quen marcou os seus inicios como pintor impresionista aínda que sempre predominou o seu autodidactismo ata que se matriculou, para estudar arte, na Escola de Belas Artes. Un trazo característico, fronte ao grupo inicial masculino do Impresionismo, era a súa boa situación económica, o que lle permitía adquirir cadros das súas amizades e así axudarlles. Todas as súas compras artísticas acabaríaas doando ao Estado Francés coa condición de que fosen expostas ao público. Tras a morte de Caillebotte en 1894, o seu albacea, Renoir, tivo grandes dificultades para que a autoridades parisienses aceptasen a doazón por non considerar apropiada a exposición desta colección impresionista. Finalmente Renoir só conseguiu doar unha parte da obras, entre elas atópase “Os cepilladores do parqué”.

Esta obra pode ser enmarcada dentro dun conxunto impresionista dedicada ao mundo do traballo. Recordemos Os cargadores de carbón de Monet (1875), As planchadoras de Degas (1884), As limpadoras de Signac (1885-86) ou A lavadora de vaixela de Pissarro (1882). En todos os casos son representacións urbanas fronte ás campesiñas da Escola de Barbizon.

Sen dúbida este tema tivo que ser motivo de sorpresa para os coetáneos do noso autor, pensemos que Gustave proviña dunha familia burguesa e que a representación duns sinxelos traballadores cepillando o chan de madeira dunha habitación era un tema moi alleo ao mundo da pintura e máis aínda se esta é de grandes dimensións. Probablemente por este motivo o xurado do Salón rexeitou a obra que acabaría sendo exposta na exposición impresionista de 1876.

Son tres traballadores axeonllados, co torso espido sobre o parqué dunha habitación vacia. Predominan os tons beigue, marrón e negro que vense acentuados polos fortes contrastes lumícos ocasionados pola luz que penetra pola fiestra. É unha pintura do mundo proletario urbano axeitada, creo, para celebrar artisticamente este Primeiro de Maio.

5 comentarios:

PACO HIDALGO dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
PACO HIDALGO dijo...

Como siempre aciertas al escoger esta obra, para ilustrar la conmemoración del día del trabajo. Tres trabajadores esforzados en su duro trabajo. Un acierto. Buena semana, Antonio.

Loly dijo...

Fermosísimo xeito de celebrar este día.
Encántame!!

Antonio Martínez dijo...

Muchas gracias, amigo, por vuestros comentarios.

O Blogue da Sabela dijo...

Pois eu opino igual, que é unha obra moi fermosa e tamén moi axeitada para o 1º de Maio. Saúdos.