23/4/10

Día do libro: Renoir "Muller lendo"


Renoir, "Muller lendo", 1875
Museo de Orsay, 45 x 37 cm, óleo sobre lenzo


"Renoir é o gran pintor de figuras dentro do grupo impresionista. Nesta delicada escena que contemplamos atopamos as características do estilo do mestre a mediados da década de 1870: pincelada longa e zumenta que recorda o estilo tardío de Manet; emprego de rostros rosados e luminosos identificativos da súa formación como pintor de porcelanas; utilización dunha luz tomada do natural que proxecta sombras coloreadas; efectos atmosféricos; intimismo. Que lonxe aínda están as figuras das bañistas nas que o debuxo modela a figura e dótaas de clasicismo case monumental. E é que nestas datas a admiración pola luz e a cor definen os traballos dos mestres impresionistas como Monet, Pissarro, Cézanne, Degas ou Renoir, reaccionando de diferentes xeitos á perda de formas ao que estaba abocado o novo estilo. Esta obra foi adquirida polo tamén pintor Gustave Caillebotte e formou parte do legado que entrou a formar parte das coleccións do Museo do Louvre tras o falecemento do seu propietario".


Texto vía Artehistoria.

4 comentarios:

Dilaida dijo...

Tes un erro na data é 1875, supoño que foi un baile de números.

PACO HIDALGO dijo...

Precioso homenaje al día del libro, Antonio. Cervantes decía que "la pluma es la lengua del alma" y que "el que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho". Saludos.

Antonio Martínez dijo...

Dilaida: moitas grazas. xa está correxido.
Grazas, Paco.

RNF dijo...

No día despois: feliz día do libro, sexa ou non 23 de abril.