7/3/10

E os domingos Bruce Springsteen (XXXIII): Thunder Road.

Mentres estou en Barcelona, correndo a súa maratón, deixovos outra entrada sobre o SpringsteenEn 1976 coñecín a música de Bruce cando soou esta canción na radio. Axiña merquei o vinilo "Born to run". O seu mellor disco. Desde hai máis de trinta anos The Boss viaxa comigo. Esta peza é, para min, a súa mellor composición. Hai máis dun ano que xa vos puxera varias versións en Iniciarte. Hoxe, vola poño con subtítulos en castelán. Trátase dunha actuación en Londres no 1975 só coa súa voz, piano e harmónica. Impresionante, inconmensurable, insuperable. En Youtube poderedes ver outras versións, desde un-plugged ata con toda a E Street Band. A disfrutala:

No hay comentarios: