14/1/10

Terremoto en Haití: os arquitectos



Copio, e traduzo, un anaco do texto de Plataforma Arquitectura:

Haiti, sufriu as consecuencias dun terremoto grao 7.0 que ten ao país nunha situación de total crise segundo reporteiros internacionais. Polo momento víronse unha serie de dramáticas fotografías que mostran edificios completamente caídos na capital Puerto Príncipe e fálase de miles de mortos nestes momentos.

Mentres unha gran cantidade de axuda hum
anitaria desprégase ao redor do mundo para colaborar en labores de rescate, refuxio, saúde e alimentación, xorde a pregunta inevitable de "Que podemos facer os arquitectos co noso coñecemento para colaborar nunha situación de urxencia como esta?". Un bo exemplo é o que esta facendo Architecture for Humanity:

Architecture for humanity (AFH) é a organización sen fins de lucro co-fundada e encabezada por Cameron Sinclair, arquitecto da Universidade de Westminster e da Barlett School de Londres quen nos últimos anos foi distinguido co TED Prize 2006 e como líder global polo Foro de economía mundial, debido ao bo resultado que tivo AFH no desenvolvemento de solucións de arquitectura para zonas que foron atacadas por catástrofes. Exemplos claros son os pro
xectos de reconstrución desenvolvidos en New Orleans tras Katrina e refuxios en Africa e India en zonas que viviron catástrofes.

Con respecto ao terremoto acontecido onte, AFH xa foi designada para enviar un equipo de deseño ao a zona durante este m
es para traballar xunto á Organización non gobernamental Yelé e AIDG no deseño de refuxios para os damnificados e seguramente nun plan de refuncionamento da cidade mentres se sostén esta situación de rescate e apoio.


Fotos vía La Vanguardia.

1 comentario:

clariana dijo...

Es una muy buena iniciativa la de estos arquitectos, pues muchas veces las catástrofes naturales se ceban en los países más pobres y ésto agravado con las deficientes construcciones que tienen. Es desolador ésto que pasa en Haití. Gracias por tan buen post. Saludos.