15/12/09

Visitando exposición: Bágoas de Eros


O Museo Thyssen-Bornemisza e a Fundación Caja Madrid agasállannos con esta exposición en Madrid. Unha excelente visión gráfica do mundo do erotismo realizada baixo uns parámretos mitolóxicos moi interesantes.

Lede a introdución que preparou o museo sobre a exposición:

"O título da exposición procede do último libro publicado en vida por Georges Bataille, Lles Larmes d´Éros (1961). Aquela foi a achega final do autor sobre un problema que indagara a fondo na súa obra O erotismo (1957): a íntima relación entre Eros e Tánatos, entre a pulsión sexual e o instinto de morte. O punto de partida de Bataille é a certeza de que na petite mort do orgasmo experimentamos un avant-goût, unha anticipación da morte definitiva. O recurso a imaxes da agonía para expresar o clímax amoroso e á linguaxe do éxtase para representar a morte non é desde logo unha invención de Bataille. Atopámolo en Wagner, na poesía romántica, en Bernini e en Miguel Anxo, nos místicos españois e na lírica grega arcaica. O que Bataille cre achar é un fundamento para a identificación entre Eros e Tánatos: tanto na morte como na consumación erótica regresamos, desde a discontinuidad da vida individual, á continuidade orixinaria do Ser.

A identidade entre Eros e Tánatos só cobra sentido para Bataille no contexto da experiencia do sacro. O erotismo é obxecto dun tabú, dunha prohibición (interdit) que ilumina o prohibido ?cunha luz á vez sinistra e divina: ilumínao, nunha palabra, cunha luz relixiosa?. No erotismo, como no sacro, a prohibición non existe sen a transgresión. A prohibición exclúe o natural, os impulsos animais, para instaurar o dominio do cultural. Pero desde o mesmo momento en que é formulada, a prohibición desencadea o retorno do excluído, do que se rexeitou con horror. Os impulsos bestiais regresan no sacrificio relixioso, onde a súa violencia é moldeada como un material precioso e perigoso. O sacrificio é para Bataille o escenario último do erotismo.

Para explorar a íntima relación entre Eros e Tánatos, a nosa exposición dispón as figuras mitológicas nun itinerario case narrativo que avanza desde a inocencia á tentación, da tentación aos suplicios da paixón, ata a expiación e a morte".

Créditos das imaxes. Podedes facer unha visita virtual.





Ilustracións vía El País.

1 comentario:

Sarinsky dijo...

Pero si la chica de la serpiente es Rachel Weisz!! menuda actriz :)

Interesante post, saludos!!