20/12/09

Arqueoloxía: Isis emerxe en Alexandría

Os tesouros arqueolóxicos que oculta a bahia de Alexandría, en Exipto, emerxen aos poucos das augas que os cubriron fai dúas mil anos. A última gran peza localizada e extraída é un fragmento de nove toneladas dun pilón de granito vermello do templo ptolemaico (325 a.C.-30 a.C.) dedicado á deusa Isis.

"Este é o inicio da extracción doutras pezas do fondo do mar", asegurou o secretario xeral do Consello Supremo de Antigüidades exipcias, o omnipresente Zahi Hawas.

Palacio de Cleopatra.

O pilón ao que pertence a peza foi descuberto fai sete anos na área submarina denominada Zona Real, onde se atopa tamén o palacio de Cleopatra, última gobernante da dinastía ptolemaica, fundada no ano 305 a.C. por Ptolomeo I Sóter, xeneral de Alexandre Magno.

O ministro de Cultura exipcio, Faruk Hosni, explicou que só recuperaron "un 2% de todo o que hai mergullado". Hosni, que destacou a importancia do descubrimento, agregou que aínda continúan as investigacións e que "o resto do templo de Isis tamén será sacado do mar". Pola súa banda, Hawas adiantou que está prevista a extracción dunha das pezas do palacio de Cleopatra o próximo mes de maio.

Texto e foto vía Hoy es arte.

No hay comentarios: