3/12/09

3º Premio do Ministerio de Bibliotecas Escolares 2008

Copio desde o noso blog irmán Biblioafonso:



Onte, mércores 2 de decembro, unha representación da nosa Comunidade Educativa (Director, Secretaria e Dinamizador da Biblioteca) acudimos a Madrid a recoller o 3º Premio Nacional de Buenas Prácticas en Bibliotecas Escolares de 2008. O acto transcorreu na Biblioteca Nacional e el acudiron, ademais de representacións de todos os centro premiados, a Secretaria de Estado de Educación, a Directora Xeral de Cooperación Territorial e a Directora da Biblioteca Nacional. Temos que destacar que o único Conselleiro de Educación presente foi o de Galicia, acompañado polo Director Xeral de Centros. O único. Significará isto algo?

Tras a entrega dos diplomas acreditativos, o director do IES Vallecas-Magerit, en representación de todos os premiados, fixo un fermoso discurso sobre a importancia educativa e social das bibliotecas escolares. Pecharon o acto alumnos e alumnas dese centro vallecano mediante o recitado dun poema en quince linguas distintas, desde o castelán ao francés, desde o galego ao inglés, pasando polo ruso, árabe, guaraní, romanés… Estes alumnos e alumnas puxéronlle a emoción necesaria e precisa ao evento, convertendo un acto formal nun evento cheo de paixón pola lectura e pola poesía.Temos a sorte de compartir nos dous vindeiros anos un proxecto en torno á Biblioteca Escolar con este centro e o IES Siglo XXI de Sevilla baixo o Programa ARCE do Ministerio de Educación.

Tras este acto e as fotos de rigor, recibimos como agasallo final a publicación onde se recollen uns artigos explicativas da biblioteca de cada centro.

Pola nosa banda recibimos o premio como un recoñecemento ao labor de moitos anos, como un recoñecemento a un labor en equipo e de toda a Comunidade Educativa. Recoñecemento que nos fan desde lonxe, desde moi lonxe. Mais o importante é saber de onde vimos, onde estamos e onde nos gustaría estar no futuro. Falta moito por facer…

Pero tamén entendemos este recoñecemento con un premio a todas as bibliotecas escolares galegas das que aprendemos, das que lles collemos anaquiños de ilusión, coas que compartimos problemas e actividades. Ademais, recollemos o premio coa ilusión de que na resolución desta convocatoria do ano 2009 sexan moitas máis as bibliotecas escolares presentes e recoñecidas.
















En representación do Equipo da Biblioteca e da Comunidade Educaativa do noso IES, Antonio Martínez recolleu o premio de mans da Secretaria de Estado de Educación e F.P., Eva Almunia, para posteriormente fotografarse co Conselleiro de Educación e coa representación dos outros dous centros galegos premiados.


Os centros premiados e autoridades


Fixéronse eco desta nova a propia Consellería (de onde provén a foto de grupo), o Ministerio de Educación, Atlántico, a páxina das Bibliotecas Escolares de Galicia e as edicións impresas de La voz de Galicia e La opinión de A Coruña.

3 comentarios:

Paco Hidalgo dijo...

Estimado compañero: hace tiempo que sigo tu página de arte, la cual me parece superinteresante, además de modélica. Muchos recursos los he podido yo utilizar de tu página. Soy también profesor de historia del arte en el IES Torre de los Herberos de Dos Hermanas (Sevilla), desde hace siete años. Ahora también he decidido publicar un modesto blog para ayudar y complementar lastareas de mis alumnos. Me gustaria q me dieses tu autorización para utilizar alguna foto, video o enlace de tu página, citando la autoría, claro. La dirección del blog es http://artetorreherberos.blogspot.
com/ y mi correo pacohidalgo63@gmail.com. Agradeciendo tu gentileza, recibe un cordial saludo. Paco

Antonio Martínez dijo...

Paco: será un placer y honor compartir recursos. Es lo que tiene la web 2.0. Enlazo tu blog ahora mismo. Benvenido a la blogosfera.

clariana dijo...

¡FELICIDADES POR ESTE PREMIO!
Es importantísima la labor y la dinamización de una Biblioteca, en un instituto, en una escuela, en un barrio. Os lo merecéis. Saludos.