6/11/09

Vivenda unifamiliar en santa Cristina de Cobres (XI)

Tras soportar case dous meses completos sen noticias da vivenda de santa Cristina de Cobres (Vilaboa, pontevedra) do arquitecto Alfonso Fernández, xa temos en INICIARTE unha nova entrega informativa: texto e fotos. Parece que a vivenda xa ten moi claramente delimitados o seu volume e a súa personalide, non?

Completada a estrutura da edificación realizamos o peche das fachadas colocando un muro de bloque de formigón sobre o que fixaremos o acabado de lousa. Interiormente debuxamos no chan a posición dos tabiques e colocamos unha primeira fiada de ladrillo para comprobar que se corresponden plano e realidade. En caso de existir diferenzas, movendo esta fiada readaptamos a tabiquería. Esta fase é o reformulo.

Mentres levamos a cabo esta fase imos avanzando coa piscina, preparando o terreo para executar a estrutura que na próxima entrega xa debería estar finalizada.



Texto en cursiva e fotografías de Alfonso Fernández.

3 comentarios:

Marina dijo...

Miña nai que vistas!!!!, a cousa leva boa pinta pero eu estou esperano polo xardín a ver si se adecúa a ese lugar tan privilexiado.

Antonio Martínez dijo...

Pero aínda tes dúbidas...

Marina dijo...

Eu sempre teño dúbidas, o que teño claro é que a min gustariame asomarme a ventá e ver o que se ve dende ese lugar, o de menos sería a casa e o xardín, non fai falla máis que sexa cómoda o resto é un regalo da natureza.