11/11/09

O Panteón antes de ser Panteón

Ao igual que xa temos visto o que a historia lle deparou á arquitectura da Acrópole ateniense, imos ver como foi a historia do Panteón (lembrade que podedes ver tres entradas sobre esta sorprendente obra na etiqueta Arquitectura romana)


Desde o século XIX sabemos que o edificio que se pode contemplar actualmente non foi mandado construír por Agripa no 27 a.C., senón que feitos nos tempos do emperador Adriano. Pero como era o edificio existente antes que o actual?


Esa primeira edificación era de planta rectangular coa entrada en dirección contraria á actual, é dicir, polo sur. Abríase a un foro porticado da época augustea, enfrontándose coa basílica de Neptuno.


Estivo construído co material preferido polos romanos (de Roma, já, já) en bloques de travertino e forrado de mármore. Dicíase que as columnas da súa entrada eran de bronce con múltiples figuras incluíndo a de Augusto (non lle gustaba e este nada saír nas fotos) e de Agripa. No ano 80 padeceu un importante incendio, sendo reparado polo emperador Domiciano ata que no 110 padeceu un segundo incendio na época de Traxano. Ficou en ruínas durante oito anos ata que Adriano o mandou reconstruír durante os anos 118 e 128 .


3 comentarios:

Marina dijo...

Cada día me gusta máis este blog e aprendo mogollón de cousas sobre arte, contigo debe ser un pracer andar polo mundo (dígoo polo de guía non por outra cousa!!!!)

Sarinsky dijo...

Totalmente de acuerdo con Marina!!
Estupendo post!!

Saludos

Antonio Martínez dijo...

Que dúas pelotilleiras...