7/11/09

Gervasio Sánchez Premio Nacional de Fotografía

Gervasio Sánchez gañou este venres o Premio Nacional de Fotografía, por «o seu compromiso continuado coa fotografía como ferramenta de denuncia da violencia» nos conflitos armados, o seu «continuado labor» a favor da xustiza e especialmente polo seu traballo sobre as minas antipersona.

O galardón, que concede anualmente o Ministerio de Cultura e que está dotado con 30.000 euros, foi outorgado por un xurado presidido por María Ángeles Albert, directora xeral de Belas Artes e Bens Culturais, e integrado por José María Rosa Angulo, Paloma Esteban Leal, Rosina Gómez-Baeza Tinturé, María Fernández Palou, Rafael Doutor Roncero e Santiago Olmo García.

O xurado destacou a achega de Gervasio Sánchez á fotografía de reportaxe e «como a través dela dignifícase ás vítimas fotografadas, cunha mirada particular que enaltece os mellores valores do fotoperiodismo»

Gervasio Sánchez (Córdoba, 1959) traballa habitualmente para o Heraldo de Aragón e en xaneiro pasado obtivo o Premio Internacional de Xornalismo Rei de España no seu apartado Fotografía, por unha instantánea da súa colección Vidas minadas, 10 anos despois.

Especializado en conflitos armados, entre 1984 e 1992 cubriu a maior parte dos que tiveron lugar en América Latina e publicou os seus traballos no Heraldo de Aragón, El País, Diario 16 e en diferentes revistas.

En 1995, emprendeu o seu proxecto fotográfico Vidas minadas sobre o impacto das minas antipersoais nas poboacións dos países máis minados do mundo, entre eles Afganistán, Angola e Camboia, que concluíu en 1997 cun libro e unha exposición.


Texto vía La Voz de Galicia.

Créditos da fotografía da serie "Vidas minadas" e gran reportaxe en El País.

Máis fotografías en El Mundo.

2 comentarios:

clariana dijo...

Conocía la fotografía, es esencial este tipo de Arte que denuncia lo que está pasando a diario en países machacados por el tráfico de las armas y muchas veces olvidados por el resto de la humanidad. Este Arte, así como el de algunas películas de denuncia de estos países, es algo que debiéramos de valorar en nuestro mundo contemporáneo. Saludos afectuosos.

Antonio Martínez dijo...

A mi siempre me ha gustado mucho la fotografía. Le sigo la pista a Gervasio desde hace muchos años. Tanto él como su obra son espectaculares.