29/6/09

A Torre de Hércules: Patrimonio da Humanidade

Desde o sábado 27 de xuño, o faro que era patrimonio dos coruñeses e coruñesas xa é Patrimonio da Humanidade.

Podedes ler a noticia en La Voz de Galicia do sábado ou do domingo, ou tamén en La Opinión de A Coruña, así como recrear a vista con este álbum fotográfico, ou na docume3ntación ofrecida polo Consello da Cultura Galega (grazas Sira). Continua sendo unha mágoa a cantidade de tonterías históricas que aínda se escribe sobre a Torre nos xornais.

En Iniciarte o Faro, o Castelo Vello ou a Torre xa ten, con esta, nove entradas que foron:


-Grafitis dixitais.
-A renovación do século XVIII.
-Na Idade Media e Moderna.
-Luís Seoane: 49 debuxos.
-Reconstrución dixital.
-Presenza en internet.
-Na Galicia romana.
-O Parque escultórico.

Alégrome especialmente por Xosé María Bello, director do Museo Arqueolóxico, pero sobre todo amigo que me deu a oportunidade de colaborar nos traballos do bicentenario do arranxo do faro (exposición, publicaciuóns, visitas didácticas, escavación arqueolóxica).

Lembrade o vídeo xa publicado que promocionaba a candidatura:



6 comentarios:

Sira dijo...

a min tamén gustoume a selección de fontes de información sobre a Torre de Hércules, a propósito da súa declaración como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, recollidas no portal cultura galega: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=15004

bicos e apertas, Sira.

Ana dijo...

¡Enhorabuena a Coruña y a Galicia!
La torre se merece el reconocimiento de la Unesco.
Preciosas lineas puras que se recortan en ese grandioso horizonte marino.
Saludos y gracias por esa lista de enlaces.

Antonio Martínez dijo...

Grazas Sira. Poña axiña a ligazón.
Ana: algún día veremos así recoñecida a túa ponte de Rande?.
Bicos

JMBello dijo...

Amigo Toño, moitas grazas por lembrarte de min no teu comentario. Estas verbas de ánimo veñen sempre ben, e son mostra do que é realmente importante: que moitos estamos a remar no mesmo rumbo.

Por se fora do interese para ti ou para outros, infórmote de que unha mostra sinificativa (non todos, pois o traballo vaise facendo a ratos libres, que non son moitos, e aínda queda bastante por estudar)dos materiais aparecidos na escavación da Torre están a libre disposición (aínda que prégase, de utilizalos, citar a fonte, como é de xustiza) en http://www.flickr.com/photos/jmbello/collections/72157606175465656/

Por outra parte, tés o último artículo sobre a escavación da Torre, penso que o máis completo ata agora aínda que moitas cousas quedaron no tinteiro por limitación do espazo concedido, nun blog discreto e non publicitado que abrín os últimos días de espera en dorido homenaxe a Manito, o gran ausente da festa:

http://torredehercules.ning.com/

O artigo está en proceso de saída en papel, nun Brigantium monográfico adicado ás ponencias presentadas no precioso Simposium "Finis Terrae Lux", que organizou en Coruña a Xunta de Galicia cando a Conselleira de Cultura era Ánxela Bugallo e o Director Xeral do Patrimonio era Felipe Arias, quen apoiou non só a candidatura senon tamén o estudo e a intervención sobre a Torre con todas as súas forzas. Gratitude e lembranza a eles tamén.

Está en dúas partes (polo tamaño) e fallan aínda fotos que irei subindo según vaia tendo tempo e ánimo. Se quixeras acceder a eles directamente podes ir a

http://torredehercules.ning.com/profiles/blogs/el-faro-de-brigantium-la-torre
http://torredehercules.ning.com/profiles/blogs/el-faro-de-brigantium-la-torre-1

En fin, son pequenos intentos de divulgar o que se vai facendo, sen máis ambición que esa.

Se atopas algunha dificultade en entrar nalgún dos sitios, dame un toque, que eu non acabo de aclararme neste novo medio, tan apasioante, pero que xa me colle maior.

Novamente grazas e unha fonda aperta,

JM

Antonio Martínez dijo...

Grazas X.M. pola abundante e actualizada información.
Sempre mestre, sempre o teu alumno.

JMBello dijo...

Toño, non digas cousas raras, carafio! ;-)