15/6/09

Os recortes do PP xa chegaron á arte

Titular de El País:

"O CGAC paralizou desde marzo compras por medio millón"

"É desesperante", lamenta Pepa Gómez, directora da galería viguesa Bacelos. A Bacelos e á santiaguesa Trinta resísteselles o cobro de 40.000 euros pola venda ao Centro Galego de Arte Contemporánea de obras pouco sospeitosas: de Manuel Vilariño e Esther Ferrer, respectivamente, ambos os Premio Nacional.

O atraso afecta tamén, en menor contía, á galería PM8, Ad hoc ou a ourensá Marisa Marimón, con 2.000 euros pendentes. A súa directora matiza a angustia do sector galerístico: "A preocupación vai en relación co importe das vendas". Desde SCQ, sen contas pendentes co museo, a queixa apunta á xerencia, que "adoita demorar os pagos".

Sobre as razóns desta demora opina o director do CGAC, Manuel Olveira: "Desde as eleccións, as actuacións do CGAC foron saboteadas por persoal administrativo, utilizado para iniciar unha campaña de desprestixio contra a institución". No CGAC, as propostas de compra da dirección trasládanse á Comisión Superior de Valoración e Adquisición de Bens Culturais, composta maioritariamente por arqueólogos e antropólogos, e ao Padroado do CGAC. O trámite final esgótase entre interventores, asesores xurídicos e, en última instancia, a xerencia do centro. Segundo fontes próximas á comisión, o "marasmo administrativo", no que afecta ás galerías, tradúcese en 500.000 euros pendentes de cobro.

"Só hai tres grandes obras por pagar, dunha galería de Madrid (Metta), outra de Vigo (Bacelos) e unha portuguesa (Graça Brandãou)", asegura o xerente, Manuel Arroio, no CGAC desde 1995. "Nos outros casos" - con obra de Ferrer, Mauro Trastoy ou Leopoldo Nóvoa polo medio-, "foi a comisión de valoración do anterior goberno [reunida o 24 de marzo] a que non aprobou as compras". O primeiro informe desfavorable que emitía a comisión desde a época de Gloria Moure. Para Olveira, a manobra "ten unha lectura política clara": "Entorpecer".

No caso de Bacelos, a compra da Táboa Bwa de Vilariño foi aprobada en novembro de 2008. "A xerencia díxonos que facturásemos en febreiro", di Pepa Gómez, que non sabe "a quen reclamar". Respecto das pezas de Esther Ferrer, a dirección do CGAC tomou a decisión de adquirilas antes de que a artista donostiarra recibise o Premio Nacional. "En condicións inmellorables", apunta Asunta Rodríguez. Para a directora de Trinta, "o que urxe cambiar no CGAC non é o director".

Foto do CGAC de INICIARTE.

3 comentarios:

Sira González Rodríguez dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Sira González Rodríguez dijo...

outro recorte: fin dos programas da TVG Libro aberto, Miraxes, Planeta cine, Alalá, Onda curta ou Ben falado! :o(

un abrazo, Sira.

Antonio Martínez dijo...

Si, si. Xa estaba informado e na Radio, con Xurxo Souto... Mal tempos se aveciñan...