25/2/09

Sebastiao Salgado: exposición en París

Grazas ao fermoso blog, tamén “artístico”, Artel-Arte entereime da exposición que se está a desenvolver na Biblioteca Nacional de Francia, dun escolla da obra de Sebastiao Salgado. Hai un tempo atrás Iniciarte xa vos falou deste fotógrafo, considerado por moitos como o mellor do mundo en fotorreportaxes.



Todo o meu traballo está relacionado como se foran distintos capítulos dunha mesma historia: as miñas fotografías dos campesiños latinoamericanos que loitan pola supervivencia; as fotografías do Sahel; as dos refuxiados e poboacións desprazadas; as dos traballadores… son todas sobre seres humanos que loitan pola súa dignidade e intentan vivir mellor xuntos. Tento ser coherente con este pequeno momento que me toca vivir no planeta é, á fin, as miñas fotografías son a miña forma de vida”. (Nova York, entrevista do 29-III-2000)


2 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Esto comeza a ser preocupante, xa van dúas ou tres coincidencias... tiña pensado poñer hoxe a Sebastián Salgado, lembrando os nosos primeiros traballos colaborativos. Aparqueino para o vindeiro mércores por mor dos Sacapenas, e agora os vexo en Iniciarte. IM-PRESIONANTE!!!!

Antonio Martínez dijo...

Esta claro que non hai parella profesional máis compenetrada ca nós. IM-PRESIONANTE!!!