10/2/09

Leon Batista Alberti e santa Maria Novella


León Batista Alberti é arquitecto do século XV que mellor reflicte o concepto do humanismo na arte. É o ideal do Home do Renacemento. De ampla formación universitaria (grego, latín, matemáticas, ciencias naturais) será o gran teórico do Quattrocento italiano ademais de destacar na arte, arquitectura, como organista, poeta, filósofo... A súa ampla formación e clase social de orixe permitiulle traballar para moitos Papas, non só como secretario persoal (Uxío IV) senón como arqueólogo, conselleiro de restauración de monumentos antigos e asesor en urbanismo.

Destacou máis polos seus estudios teóricos que polas súas edificacións, de feito as obras só lle interesaban para o deseño mais non se preocupaba pola súa execución.

Ao servir moitos anos ao papado tivo tempo para analizar as construcións da Roma clásica, escribindo en 1434 Descriptio urbis Romae, sendo o primeiro estudo cunha visión de conxunto da Roma imperial.


Desde xeito en 1435 escribiu De pictura, que dedica a un dos seus máis afamados amigos, Filipe Brunelleschi, estudando as leis da perspectiva que Filipe desenvolvera aos consideralas fundamentais para a arte pictórica.

Desde 1453 e ata 1485 foise publicado o seu estudo máis sobranceiro, De re aedicatoria, un tratado de dez volumes sobre a arquitectura onde afirma que a beleza é clásica, unha beleza entendida coma proporción e equilibrio entre as partes, coma a perfecta harmonía.

Tamén escribiu unha obra sobre a escultura en 1464, De statua, ademais de escribir sobre poesía, filosofía, literatura.

Giovanni Rucellai encargoulle a modificación da fachada gótica de santa María Novella (Florencia) en 1456, actuando sobre o xa edificado chegou a darlle un aire clasicista que tería moito éxito (corpo central coroado por un frontón triangular perforado por un gran óculo).




Imaxe vía Wikipedia.

2 comentarios:

Nes dijo...

aaaaay Florencia

Antonio Martínez dijo...

EStá difícli onde manter ese aaaay, en Florencia?. en Roma?, en Venecia?, en Siena?...