1/2/09

1 de febreiro de 1900: Picasso expón en Els Quatre Gats


Como ben me lembra Loly Lago, asidua de Iniciarte, o 1 de febreiro de 1900, (polo tanto hai hoxe 109 anos) Picasso facía a súa primeira exposición na taberna "Els Quatre Gats" de Barcelona. Esta taberna fora inaugurada en 1897, polo pintor Pere Romeu, a imitación da Taverne du Chat Noir de París. Pronto, este local converteríase en centro de reunión frecuentado por mozos intelectuais e artistas, entre os que se atopaba Picasso. O local posuía unha sala para espectáculos e exposicións de arte e foi nela onde Picasso realizou a súa primeira exposición en 1900, presentando un conxunto de debuxos e acuarelas que revelan claramente as influencias de Toulouse-Lautrec, do debuxante socialista Theophile Steinlen e do pintor modernista Ramón Casas. Aínda hoxe o establecemento, un clásico barcelonés, permanece aberto ao público como restaurante.

Foto e parte do texto vía Biografía y vidas.

3 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Mmmmmmm, xa son demasiadas referencias dende Iniciarte á persoa da nosa "amiga común". Algo haberá que facer ao respecto...
O martes, pásate por O Segrel. Temos preparado, dende hai uns días, un pequeno agasallo para ti!!!

Antonio Martínez dijo...

Cando hai relación, hai relación, da que me sinto, por certo, moi orgulloso e contento. O martes paserei, como case todos os días, polo Segrel.

morisot (Pilar Álamo) dijo...

Te invito a que visites un trabajo muy sencillito que hice sobre Els Quatre Gats. Lo tengo en "mi clasificación" dentro del Cubismo.
Espero que te guste.