15/1/09

Palestina (e II)

O magnífico e amigo blog da biblioteca do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, Mesturas nos informa de:

Machsom Watch.

Existe desde 2001. É unha organización de mulleres israelís contra a ocupación dos territorios e a sistemática represión da nación palestina. Reclaman liberdade de movemento dentro dos territorios e o final da ocupación que destrúe a sociedade palestina e tanto dano causa á sociedade israelí. Estas admirables mulleres gravan, filman e testemuñan diariamente, hora por hora, todo tipo de vexames e abusos . Logo difunden ese material a través de internet porque é imposible facelo doutro xeito dentro do seu propio país. É evidente o risco que esta actividade implica para elas.


Drafted Art.

É unha iniciativa que parte dun grupo de artistas israelís. Este é parte do seu manifesto:

“...Opoñémonos á guerra. Moitos de nós asinamos peticións, participado en manifestacións e distribuído información esencial a través dos medios de comunicación e da rede. Aínda que son accións significativas só serven para acentuar o noso sentimento de impotencia. Non hai resposta máxicas. Cada acción é só un paso no camiño á revolución. Esta exposición é unha petición que consiste en sinaturas visuais, en lugar de só nomes.

Usamos fotos, cómics, videos, cuadros... Utilizamos nosa creatividade para loitar contra a guerra”

Fotos sobre Palestina en Flickr:


Created with Admarket's flickrSLiDR.

3 comentarios:

clariana dijo...

Me ha gustado tu blog, la lucha de estas mujeres israelíes por Palestina y de los artistas israelíes. Se ve que entre ellos, los israelíes, también hay personas que están en contra de esta masacre.
Las fotos están muy bien, son sobrecogedoras, sobre todo las de los niños, víctimas inocentes, que no despiertan la piedad de estos bárbaros.
Estoy muy apenada por esta guerra, y por otras de África y de otros lugares, clama al cielo.
Me gustaría que muchos blogs se apuntasen a pedir por Palestina, a denunciar esta barbarie, como el tuyo, con este post tan bien ralizado. Gracias y saludos.

Fet dijo...

Aún queda una brizna de esperanza para el ser humano.

Antonio Martínez dijo...

Clariana: gracias por los comentarios.
Sobre Palestina: un tema que me desborda, no lo alcanzo a comprender.