5/1/09

O Espazo límite e a Forma escultórica

“(...) Tentamos chegar a iso tratando de distinguir o espazo-límite do espazo-ambiente. No primeiro caso, pesa en certo modo sobre a forma, limita rigurosamente a expansión, aplícase contra el coma unha man aberta contra a superficie dunha mesa ou a dun vidro. No segundo caso, está libremente aberto á expansión dos volumes que non contén, que se instalan e se desplegan alí como as formas da vida. No espazo-límite non só modera a propagación dos relevos, os excesos de saíntes, a desorde dos volumes, que tende a contelos nunha masa única, senon que obra sobre o modelado, do que reprime as ondulacións e a desorde, conténtase con suxerilo por acentos, por lixeiros movementos que non rachan a continuidade dos planos, e, ás veces, como na escultura románica, por un decorado ornamental de plegues destinados a vestir a desnudez das masas… Nun dos seus estados máis característicos, a escultura monumental amosa as rigorosas consecuencias do principio do espazo-límite. A arte románcia, dominada polas necesidades da arquitectura, da á forma esculpida o valor dunha forma mural”.


Henri Focillon. Vida de las formas. Buenos Aires, 1947, páx. 53


Foto: Fachada das Praterías da Catedral de Santiago de Compostela. INICIARTE.


2 comentarios:

Ana dijo...

Muy bonito texto de Focillon. Su teoría sobre el espacio siempre me pareció muy bien planteada y muy interesante.
Tu entrada me hace evocar las estupendas clases de Teoría del Arte de Serafín Moralejo.
La foto muy buena. Si no te importa, la utilizaré cuando remate la presentación sobre escultura románica...dentro de un tiempo.
¡Enhorabuena!

Antonio Martínez dijo...

Pois non tiven a sorte de alumno de Moralejo (creo que está moi enfermo). A foto, toda túa.